InicioSANTIAGOA USC investiga co proxecto IDEOLINGAL o papel da creación de contido...

A USC investiga co proxecto IDEOLINGAL o papel da creación de contido en galego nas redes sociais orais

O Instituto da Lingua Galega analiza como a oralidade dixital en Instagram e TikTok inflúe nos procesos de cambio lingüístico e de identidade na mocidade.

Publicado o

Xornal de Compostela

A USC investiga, a través do proxecto IDEOLINGAL, as ideoloxías lingüísticas e a construción de identidades, centrando a súa atención no papel emerxente da creación de contido en galego nas redes sociais orais. Segundo explican nun comunicado, a investigación propón unha metodoloxía innovadora que procura analizar como nesta oralidade dixital é posible observar procesos de cambio lingüístico, ademais de coñecer de que maneira o contacto con español e inglés afecta á produción en galego do sector de poboación máis nova.

As motivacións para o emprego da lingua galega, o papel do galego normativo na contorna dixital e a creación de comunidades de uso son tamén cuestións que se abordarán analiticamente ao longo do tres anos de duración do proxecto. A investigación, con financiamento do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e liderada desde o Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC, aspira a coñecer en profundidade un fenómeno emerxente de gran relevancia para o idioma: a actual eclosión de perfís en galego nas principais redes sociais orais, Instagram e TikTok.

O proxecto pretende determinar se están en marcha na sociedade procesos de (re)creación identitaria, tanto individual como colectiva, relacionados coa lingua. A hipótese de partida consiste en postular que efectivamente hai cambios significativos na visión e na práctica lingüística en galego das novas xeracións, “xeralmente menos preocupadas pola corrección formal da mensaxe e máis implicadas en procurar unha naturalidade performativa que lles permita triunfar en redes”.

“A hipótese coa que estamos a traballar é que a xente nova está a reconsiderar o papel das variedades dialectais nas súas publicacións para as redes sociais orais”, explican os profesores responsables da investigación.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...