InicioPOLÍTICAGoretti Sanmartín desexa "sorte" a Borja Verea pero confía en revalidar a...

Goretti Sanmartín desexa “sorte” a Borja Verea pero confía en revalidar a Alcaldía en 2027

A alcaldesa de Santiago aposta pola continuidade do actual goberno de coalición fronte á candidatura do PP ratificada por Alfonso Rueda.

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, desexou “sorte” nas eleccións municipais de 2027 ao portavoz local do PP, Borja Verea, tras ser confirmada a súa candidatura á Alcaldía polo presidente galego do partido, Alfonso Rueda. Malia os bos desexos persoais, a rexedora subliñou que a súa “aspiración” é que “se poida repetir” o goberno actual, que lidera o BNG en bipartito con Compostela Aberta (CA).

“As opcións van estar de lado, neste caso, do Bloque Nacionalista Galego como forza que vai aspirar a revalidar esa Alcaldía sen ningunha dúbida”, vaticinou Sanmartín ante as preguntas dos medios nunha rolda de prensa celebrada este venres no Pazo de Raxoi. A alcaldesa amosouse convencida de que o traballo realizado polo seu executivo durante este mandato foi “moi bo”, o que servirá de base para solicitar de novo a confianza da cidadanía compostelá.

Durante a xornada de onte, Alfonso Rueda acudiu ás atraccións das Festas da Ascensión e, desde alí, ratificou a súa aposta por Borja Verea como candidato a alcalde da capital galega. Cuestionada pola súa valoración sobre este movemento, Sanmartín apuntou que non considera que deba “avaliar os candidatos doutras formacións políticas”. “Deséxolle moita sorte como candidato, pero espero, desde logo, que nas eleccións de 2027 pois non poida ter esa Alcaldía”, confiou a rexedora.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

Abre ao tráfico o primeiro treito da prolongación da AG-59 entre Santiago e A Estrada

A prolongación da autovía AG-59, entre Santiago e A Estrada, porá este mércores, 22...