InicioSOCIEDADEA USC abre unha investigación interna pola perda das bolsas Ramón y...

A USC abre unha investigación interna pola perda das bolsas Ramón y Cajal tras un erro administrativo

A reitora, Rosa Crujeiras, asegura que a universidade busca esclarecer responsabilidades e explorar solucións para os investigadores afectados, aínda que admite un “custo reputacional” difícil de arranxar

Publicado o

Xornal de Compostela

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, informou este luns de que o pasado 4 de maio se iniciou unha investigación interna para identificar responsabilidades e “adoptar as medidas oportunas” pola perda das bolsas Ramón y Cajal por mor dun erro da propia universidade. Cómpre lembrar que o Consello de Goberno da USC aprobou a convocatoria de oferta de prazas a finais de novembro, mais a solicitude non chegou a completarse.

Neste contexto, a reitora fixo público no primeiro Claustro da USC desde o seu nomeamento —celebrado este luns en Santiago— que o obxectivo desta investigación é “esclarecer os feitos” para evitar que unha situación deste tipo volva producirse. “Agora hai que esperar ás conclusións desta investigación, que xa está en curso”, aseverou Crujeiras. Ao mesmo tempo, avanzou que a USC está a procurar solucións para os investigadores que se verán afectados pola perda destes contratos.

Finalmente, a reitora lamentou o “custo reputacional” que pode ter para a institución a perda destas axudas, unha cuestión que ve “difícil de arranxar”. Por iso, explicou que a universidade compostelá traballa para explorar algunha posibilidade que facilite a incorporación de persoal deste perfil. Con todo, cómpre lembrar que a USC incorporou na última edición 18 investigadores a través destes contratos, o que a converteu na segunda universidade do Estado en captación de contratos Ramón y Cajal.

ORZAMENTOS PRORROGADOS

Deste xeito, o Claustro da USC quedou constituído tras cambiar a súa composición nas eleccións do pasado 12 de febreiro. Crujeiras informou aos membros de que, por cuestións de tempo e ante a imposibilidade de aprobar o documento antes de setembro, o actual equipo reitoral traballará cos orzamentos de 2026 prorrogados, “mantendo as liñas xerais”.

Ademais, comunicou que a finais de novembro ou comezos de decembro levarán ao Claustro as novas Liñas de Programación Plurianual xunto coas Liñas Xerais de Orzamento. Tamén en materia económica, a reitora informou de que o plan galego de financiamento universitario 2022-2026 se prorrogará durante 2027. Por último, asegurou que se retomará a modificación dos Estatutos da USC coa nova Comisión de Desenvolvemento Estatutario elixida.

INFORME DO VALEDOR

Nesta primeira sesión do novo Claustro, o Valedor presentou o informe da xestión realizada entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de xullo de 2025. Segundo explicou, nese período recibiron 76 consultas, un grao lixeiramente superior ao de cursos anteriores. En canto ás queixas, presentáronse un total de 99, das que 12 non foron admitidas a trámite por non apreciarse vulneración de dereitos.

Despois da xornada deste luns, o Claustro queda composto por 291 persoas, distribuídas entre os diferentes sectores da comunidade universitaria. Tras a sesión extraordinaria celebrouse a ordinaria, onde tamén se presentou o informe do Defensor da Comunidade Universitaria correspondente ao curso 2024-2025.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...