InicioSANTIAGOA liña de bus urbano 6A terá servizo directo ao aeroporto desde...

A liña de bus urbano 6A terá servizo directo ao aeroporto desde a intermodal sen paradas

Manterase a liña actual con paradas no tramo urbano e a liña 6.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago reorganizará a partir do próximo 24 de maio o servizo de autobús ao aeroporto para atender o incremento e a demanda polo inicio da tempada alta sen prexudicar aos usuarios da liña 6 do bus urbano, a que conta cunha prolongación ao Rosalía de Castro.

En concreto, a partir desta data desdobrarase a actual liña 6A, de maneira que terá servizos directos ao aeroporto desde a estación intermodal, sen paradas e a través da autovía. Paralelamente, manterase a liña actual con paradas no tramo urbano e a liña 6 na súa versión sen prolongación ao aeródromo. O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, deu conta da reconfiguración do servizo nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polo xerente de Tussa, José Ramón Mosquera.

O edil sinalou que “as liñas que chegan ao aeroporto volven estar moi tensionadas” coa tempada alta e o incremento de viaxeiros, con “moitas expedicións nas que os autobuses completan a súa capacidade, provocando prexuízos aos veciños”.

Segundo dixo, nas últimas semanas esta situación está a producirse “nunha media de 6 servizos diarios, que soben ata 10 os sábados e ata 8 os domingos”. Xan Duro apuntou que “nalgúns casos os autobuses completan o número de prazas dispoñibles xa nas primeiras paradas, de maneira que algúns usuarios que esperan nas súas paradas non teñen opción a utilizar o servizo”.

Esta situación, “vén repetindo desde finais de 2020, cando o Concello tivo que asumir a liña unha vez que a Xunta deixou de prestar o servizo de conexión ao aeroporto”, e estase “vendo agravada nas últimas semanas polo incremento de actividade no aeroporto Rosalía de Castro”, tanto pola chegada da tempada alta como polos voos desviados da terminal de Vigo. Entre xaneiro e abril, o servizo de bus ao aeroporto foi utilizado por máis de 100.000 usuarios, fronte aos 86.000 do mesmo período de 2023.

Entre as novidades da liña A6, para optimizar o servizo e evitar sobrecargas, as paradas desde a intermodal ata San Marcos, en dirección Lavacolla, serán só para recoller usuarios, mentres que no traxecto inverso, as paradas desde San Marcos ata o Hórreo serán exclusivamente para deixar viaxeiros. Desta maneira, tal e como explicou o xerente de Tussa, “preténdese que as persoas que só queiran desprazarse pola trama urbana utilicen a liña 6 pero non a 6A, garantindo que estes autobuses cheguen con prazas dispoñibles a San Marcos e Lavacolla”.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...