InicioSOCIEDADEO Goberno recolocará a Comisaría da Policía Nacional de Santiago en locais...

O Goberno recolocará a Comisaría da Policía Nacional de Santiago en locais de Santa Marta

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, avanza que a rehabilitación do edificio de Rodrigo de Padrón tras o incendio tardará varios meses.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Goberno planea recolocar a Comisaría da Policía Nacional de Santiago en locais do barrio de Santa Marta para paliar temporalmente a ausencia da sede oficial. Esta solución durará ata que o edificio estea completamente rehabilitado tras o incendio que o deixou inoperativo en febreiro, o que será “cuestión de meses”. Estes plans avanzounos este mércores o delegado do Goberno, Pedro Blanco, no Foro Conversa, onde sinalou que se están a pechar os acordos para contar nuns días con espazos máis adecuados onde os axentes poidan traballar con absoluta tranquilidade.

Blanco preferiu non concretar o lugar elixido á espera de pechar todos os detalles e asegurar que as instalacións se adecúan ás necesidades operativas. Con todo, os locais estarán situados no barrio de Santa Marta. O delegado advertiu de que a reforma do inmoble na avenida de Rodrigo de Padrón levará tempo en base aos danos observados nunha visita realizada pola Delegación do Goberno en días pasados, polo que a mudanza temporal é necesaria para garantir o servizo na capital galega.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago limpa a pintada vandálica na estatua de Moncho Reboiras

O Concello de Santiago xa procedeu á limpeza da pintada coa que apareceu vandalizada...

‘Pint of Science’ levará 12 charlas científicas a bares de Santiago entre o 18 e o 20 de maio

Santiago de Compostela volverá sumarse este mes de maio a 'Pint of Science', o...

A participación cidadá avala máis verde, espazo peonil e zonas de estancia para redefinir o Ensanche compostelán

O Concello de Santiago incorporará os resultados do proceso de participación cidadá sobre o...

As Non Adscritas reclaman investigar “con celeridade” a denuncia dunha agresión homófoba no casco histórico

As concelleiras Non Adscritas de Santiago de Compostela reclamaron este mércores que se esclareza...

‘Pint of Science’ levará 12 charlas científicas a bares de Santiago entre o 18 e o 20 de maio

Santiago de Compostela volverá sumarse este mes de maio a 'Pint of Science', o...

Santiago blinda o Banquete de Conxo: a festa histórica reivindica o seu bosque co obxectivo ‘residuo cero’

Santiago prepárase para o Banquete de Conxo. O Concello fixou a histórica celebración para...

Santiago acolle esta fin de semana a LXXXV Asemblea Xeral da FAPE con debates sobre IA, precariedade e acoso dixital

Santiago de Compostela converterase esta fin de semana no punto de encontro do xornalismo...