InicioSANTIAGOA USC nomea tres novos delegados para reforzar a internacionalización, a saúde...

A USC nomea tres novos delegados para reforzar a internacionalización, a saúde e a estratexia dixital

Rosa Crujeiras designa a Inmaculada Otero, José Ramón González Juanatey e María José Carreira para áreas clave da universidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, formalizou este martes o nomeamento de tres novos delegados para áreas consideradas estratéxicas na institución académica: Internacionalización, Ciencias da Saúde e Estratexia Dixital.

Os designados son Inmaculada Otero Moral, José Ramón González Juanatey e María José Carreira Nouche, que asumirán responsabilidades orientadas ao desenvolvemento e coordinación destas liñas dentro da universidade compostelá.

No ámbito da internacionalización, a reitora escolleu a Inmaculada Otero Moral, profesora permanente laboral na área de Psicoloxía Organizacional. Doutora na súa especialidade, Otero forma parte do Grupo de Investigación en Recursos Humanos e Rendemento e conta con experiencia en xestión académica, onde desempeñou funcións como coordinadora de máster e do programa de prácticas do Grao en Relacións Laborais. Ademais, exerceu como secretaria do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía.

Para a área de estratexia dixital, a responsabilidade recaerá en María José Carreira Nouche, catedrática de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial e investigadora vinculada ao CiTIUS. A súa traxectoria inclúe cargos como subdirectora da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) e comisionada do reitor para Gobernación TIC. Na actualidade, é secretaria académica da Cátedra ENIA USC-Plexus centrada na aplicación da intelixencia artificial ao medicamento personalizado.

Pola súa banda, o ámbito das ciencias da saúde estará coordinado por José Ramón González Juanatey, catedrático de Cardiología cunha ampla experiencia asistencial e investigadora. Foi xefe de Servizo de Cardiología no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) entre 2007 e 2025 e dirixe na actualidade a área cardiovascular do IDIS e do CIMUS. Ao longo da súa carreira recibiu recoñecementos como o de ‘Médico Español do Ano’ en 2014 e 2024, ademais de participar en organismos internacionais como membro do consello da World Heart Federation e presidente da Sociedade Española de Cardiología.

ÚLTIMAS

O Concello reclama cambios no PIA de Lavacolla e cuestiona que permita estender o uso comercial por todo o parque empresarial

O Concello de Santiago presentou alegacións ao proxecto de interese autonómico (PIA) do parque...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...

A xuíza de Angrois apoia o indulto total da pena de prisión ao maquinista do Alvia

A maxistrada encargada da execución da sentenza polo accidente ferroviario de Angrois de xullo...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...