InicioSOCIEDADEA USC designa como novo xerente a Juan Díaz Villoslada

A USC designa como novo xerente a Juan Díaz Villoslada

Juan Díaz Villoslada exercerá como xerente desde este mércores, segundo recolle a resolución publicada este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) oficializou o nomeamento de Juan Díaz Villoslada como novo xerente da institución académica, que exercerá como tal desde este mércores, segundo recolle a resolución publicada este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A designación, asinada pola reitora Rosa Crujeiras Casais, prodúcese tras o acordo previo do Consello Social da universidade nunha sesión celebrada o pasado 13 de abril. Dacordo coa normativa universitaria, o posto de xerente ten a consideración de alto cargo e o nomeamento de Díaz Villoslada terá efectos legais a partir deste mércores.

Villoslada, licenciado en Dereito pola USC e funcionario da Xunta e do Concello da Coruña, conta cun perfil especializado en recursos humanos, xestión orzamentaria e planificación. Foi deputado no Parlamento, formou parte da lista de Inés Rey (PSOE) na Coruña e actualmente é membro da directiva de Sumar Galicia.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...