A Policía Nacional detivo a polo menos catro persoas nunha operación contra o tráfico de drogas efectuada durante este venres en pisos do Ensanche de Santiago de Compostela. O operativo policial desenvolveuse en inmobles que supostamente operaban como punto de venda de droga por mor dunha serie de denuncias veciñais en relación á existencia de narcopisos, segundo informan fontes policiais consultadas.
Non transcenderon máis detalles, xa que foi decretado o segredo das actuacións por parte do Xulgado de Instrución número 3, que se encarga do caso. Aínda se descoñece cando os detidos pasarán a disposición xudicial.

