InicioSANTIAGOO IPsiUS da USC impulsa un curso para formar ao estudantado sanitario...

O IPsiUS da USC impulsa un curso para formar ao estudantado sanitario no manexo da dor crónica

O grupo Benestar–laboratorio BAP ofrecerá formación teórica e práctica a alumnado de Psicoloxía, Medicina, Odontoloxía e Enfermaría, cun enfoque baseado na evidencia científica e no modelo biopsicosocial

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo Benestar–laboratorio BAP (Brain and Pain), integrado no Instituto de Psicoloxía da USC (IPsiUS), porá en marcha un curso dirixido ao estudantado dos graos de Psicoloxía, Medicina, Odontoloxía e Enfermaría co obxectivo de reforzar a formación en ciencia da dor e no seu manexo clínico. A iniciativa responde á detección dunha carencia nos plans de estudo actuais, xa que, segundo explican dende o propio grupo investigador, “a formación en dor é unha lagoa nos ensinos de grao”.

A actividade formativa pretende proporcionar unha base sólida sobre os mecanismos neurofisiolóxicos da dor e os procesos implicados na súa cronificación, ao tempo que introduce ao alumnado nas principais abordaxes terapéuticas da dor crónica. O curso aposta por un modelo biopsicosocial, no que se presentará a evidencia científica dispoñible e se fará fincapé na relevancia da educación en ciencia da dor tanto para profesionais como para pacientes.

Xunto ás sesións expositivas, o programa inclúe contidos prácticos orientados ao coñecemento de técnicas específicas de avaliación da dor e ao uso de procedementos de neuromodulación, como o manexo de equipos de neuroestimulación cerebral. O obxectivo final é dotar os futuros profesionais das ciencias da saúde de ferramentas que lles permitan un manexo máis efectivo e baseado na evidencia da dor crónica, superando aproximacións exclusivamente biomédicas.

O curso desenvolverase no marco do proxecto europeo Painless Horizonte Europa e é convalidable cun crédito de libre configuración. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de xaneiro, e o proceso debe realizarse a través da secretaría virtual da Universidade de Santiago de Compostela, dentro do apartado de Actividades de recoñecemento ECTS nos graos.

ÚLTIMAS

Novo despregue de bombeiros e policía por un novo incidente no Asador Gonzaba

Un novo despregue de medios de emerxencia tivo lugar na noite deste sábado diante...

As concelleiras non adscritas piden máis xestión e critican a apertura do despacho da Alcaldía

A concelleira non adscrita Mercedes Rosón expresou este venres críticas ao anuncio da alcaldesa...

A Xunta inviste case 700.000 euros na renovación da cuberta do IES Rosalía de Castro

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou este sábado o...

UCIN anuncia encontros coa veciñanza para elaborar o seu programa electoral en Santiago

A formación política UCIN Santiago de Compostela anunciou o inicio, nas vindeiras semanas, dunha...

Piden seis anos de prisión para un docente por agredir sexualmente a un alumno menor

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela,...

Manifestación en Santiago en solidariedade con Venezuela e contra a “agresión ianqui”

A Asociación Galego-bolivariana Hugo Chávez (Agabo) e as entidades integradas no Capítulo Galego da...

O Ateneo acolle unha mesa redonda coas catro candidatas a reitora da USC

O Ateneo de Santiago celebrará este luns 12, ás 19:30, na sede de Afundación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here