InicioSOCIEDADEUGT considera a proposta de Raxoi a bombeiros e policías "algo escasa"...

UGT considera a proposta de Raxoi a bombeiros e policías “algo escasa” e CCOO asegura que non participará na reunión co goberno

A portavoz do Goberno local, Míriam Louzao, preguntada polos medios de comunicación en rolda de prensa, evitou dar detalles do contido da proposta

Publicado o

Xornal de Compostela

Unión Xeral de Traballadores (UGT) sinalou que ven a proposta do Concello de Santiago para desbloquear o conflito con bombeiros e Policía Local “algo escasa” e reiteraron que “hai que incorporar o complemento específico de nocturnidade”. Así o trasladaron fontes sindicais a Europa Press tras recibir este luns unha proposta de Raxoi para tratar de chegar a un acordo cos corpos de seguridade e emerxencias.

En concreto, destacaron que o documento propón unha redución dos servizos extraordinarios, “co compromiso de propor accións de carácter organizativo”. Con todo, UGT sinala que “non pon que tipo de accións”. Así mesmo, UGT asegura que Raxoi expón instaurar un procedemento “máis áxil para controlar os servizos extraordinarios mediante un rexistro e tratamentos mecanizados”. Non entanto, o sindicato subliña que “non pon de que maneira”.

En canto á contía das gratificacións, o Goberno local propón a actualización nun 20 %. Un aumento que, indican, “estaría un pouco por baixo da hora ordinaria”. Por iso, UGT lembra que solicitaban para empezar a falar que “ambas estivesen equiparadas”. Tamén, a proposta inclúe a incorporación do complemento específico de festividade. “Isto xa se vén facendo, o que hai que incorporar é a nocturnidade o ano que vén, incluíndoo con carácter retroactivo o un de xaneiro”, manifestaron.

A POSICIÓN DE CCOO

Comisións Obreiras anunciou, pola súa banda, que non participará na reunión convocada polo Goberno local de Santiago este xoves para tentar avanzar na resolución do conflito aberto en Bombeiros e Policía Local, ao considerar que a última proposta municipal é “irrisoria e insuficiente”. O sindicato denuncia que o valor da hora extra apenas supera nun céntimo o da hora ordinaria, unha situación que —lembra— vai contra o criterio habitual de aplicar un incremento do 25% ao 75% respecto da hora común.

Segundo explica CC.OO, pese ás reunións mantidas nos últimos meses entre técnicos municipais e representantes sindicais, o acordo segue “lonxe”. As súas principais demandas continúan sendo unha Relación de Postos de Traballo (RPT) que recoñeza correctamente a nocturnidade e a festividade, en liña cunha sentenza do Tribunal Supremo, e unha revisión real do prezo das horas extraordinarias, actualmente inferior ao das ordinarias.

O sindicato admite como positivo que o Concello propoña elaborar unha RPT para todo o persoal, pero alerta de que esa decisión dilataría o proceso e non garante que se atendan as necesidades de bombeiros e policías. Por este motivo, e ante a natureza da proposta recibida, CC.OO confirma que non acudirá á comisión de traballo do xoves.

A organización lembra que advertiu o Goberno municipal xa en maio sobre a situación que se estaba a xestar, facilitándolle datos detallados. Aseguran que esa advertencia foi inicialmente ben recibida, pero que logo se ignorou ata que o conflito estalou. Con todo, CC.OO conclúe que mantén a súa disposición a negociar sempre que as propostas municipais se axusten ás súas reivindicacións e conten con respaldo legal e xudicial.

Pola súa banda, a portavoz do Goberno local, Míriam Louzao, preguntada polos medios de comunicación en rolda de prensa, evitou dar detalles do contido da proposta.

 

ÚLTIMAS

Ernest Urtasun reivindica os investimentos culturais en Galicia e carga contra Feijóo e o PSOE

O candidato de Fronte Ampla, Paulo Carlos López, anunciou este luns en Santiago de...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Santiago pecha os parques municipais dende as 14:00 polo aviso amarelo por vento

Os parques municipais de Santiago de Compostela quedan pechados desde as 14:00 deste luns...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Santiago pecha os parques municipais dende as 14:00 polo aviso amarelo por vento

Os parques municipais de Santiago de Compostela quedan pechados desde as 14:00 deste luns...