InicioSANTIAGOO Concello licita as obras do Centro Sociocultural e de Maiores do...

O Concello licita as obras do Centro Sociocultural e de Maiores do Ensanche por 1,6 millóns

Rozas destaca que o equipamento atenderá a un barrio “moi envellecido” e permitirá crear sinerxías entre xeracións

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago deu este venres un novo paso na creación do Centro Sociocultural e de Maiores do Ensanche, ao aprobar a licitación das obras por un importe de 1,6 millóns de euros e cun prazo de execución previsto de dez meses. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, explicou en rolda de prensa que a iniciativa busca dar resposta ás necesidades dun barrio cunha elevada porcentaxe de poboación de idade avanzada.

Segundo detallou, a instalación pretende converterse nun espazo que favoreza a convivencia entre xeracións, combinando actividades específicas para persoas maiores con propostas abertas ao conxunto da veciñanza. Rozas lembrou que en Santiago viven arredor de 23.000 persoas maiores, unha cifra que, afirmou, “amosa a dimensión da demanda” de iniciativas de envellecemento activo. “Temos unha gran demanda (…) O obxectivo é crear sinerxías entre elas e os usuarios do Centro Sociocultural”, subliñou.

O novo centro situarase no número 17 da rúa San Pedro de Mezonzo, nun local cedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social por un período de 25 anos. O proxecto, que suporá unha demolición interior completa, contempla tamén a renovación das fachadas para habilitar un equipamento de 1.200 metros cadrados con espazos versátiles e adaptados.

A proposta inclúe un patio interior, un salón de actos con capacidade para 180 persoas, cinco salas para talleres e actividades, e unha biblioteca con sala de lectura. A previsión municipal é que o centro poida estar operativo a principios de 2027.

Unha vez publicada a licitación na Plataforma de Contratación do Sector Público, as empresas interesadas disporán de 20 días para presentar as súas ofertas.

ÚLTIMAS

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE puxeron o foco nas últimas horas na...

O Concello leva o patrimonio das parroquias de Santiago á hostalaría e aos centros educativos

O Concello de Santiago puxo en marcha o proxecto 'Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas...

A reitora da USC chama á “tranquilidade” tras os erros na PAU e garante unha avaliación “xusta”

Mensaxe de acougo dende a cúpula académica galega. A reitora da USC, Rosa Crujeiras,...

Santiago impulsa unha actividade de prevención de incendios con máis de 700 escolares inscritos

O Concello de Santiago puxo en marcha a terceira edición da Semana da Prevención,...

A reitora da USC chama á “tranquilidade” tras os erros na PAU e garante unha avaliación “xusta”

Mensaxe de acougo dende a cúpula académica galega. A reitora da USC, Rosa Crujeiras,...

Santiago impulsa unha actividade de prevención de incendios con máis de 700 escolares inscritos

O Concello de Santiago puxo en marcha a terceira edición da Semana da Prevención,...

Román Rodríguez clausura en Santiago o proxecto ‘Talentos Inclusivos’, no que 16 centros deseñaron solucións tecnolóxicas para a diversidade

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou este mércores en...