InicioSOCIEDADEO CHUS inviste case un millón de euros na humanización da terraza...

O CHUS inviste case un millón de euros na humanización da terraza do hospital de día de oncohematoloxía

O conselleiro Antonio Gómez Caamaño supervisou as obras, que abarcan máis de 300 metros cadrados e están pendentes do mobiliario

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou o investimento da Xunta de case un millón de euros na transformación da terraza do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). A obra converterase nunha área de espera humanizada para os pacientes oncolóxicos e estará en servizo tras o Nadal.

Gómez Caamaño, acompañado polo xerente da área sanitaria, Anxo Facio, supervisou o avance dos traballos na nova zona de espera do hospital de día de oncohematoloxía. O obxectivo é ofrecer un espazo confortable e funcional para os case 200 pacientes diarios (uns 3.000 ao ano) que acoden a recibir tratamento, ademais dos seus familiares.

Con ese fin transformouse a terraza do hospital, para aproveitar este espazo e as súas vistas para “crear un lugar confortable para os pacientes e acompañantes”. As obras abarcan máis de 300 metros cadrados e están xa concluídas, pendentes unicamente da recepción e instalación do mobiliario nas próximas semanas. A sala foi pechada por completo para a súa correcta climatización e ampliou o número de prazas ata as 113.

O conselleiro resaltou que o proxecto tivo en conta a voz dos pacientes, xa que as liñas de traballo foron definidas tras unha reunión da Xerencia cos responsables de Oncoloxía e representantes dos propios pacientes, garantindo a incorporación das súas necesidades. Gómez Caamaño sinalou que a estancia media por paciente é dunhas tres horas, sendo “imprescindible transformar esta sala nun lugar máis funcional e cómodo, pensado para aliviar a carga emocional que supón un tratamento oncolóxico“.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...