InicioSOCIEDADEO CEIP Monte dos Postes mobilízase contra o "déficit sanguento" de persoal...

O CEIP Monte dos Postes mobilízase contra o “déficit sanguento” de persoal de apoio

A ANPA denuncia que o 33% do alumnado do centro ten discapacidade ou necesidades especiais e só contan con dous docentes e medio para 50 nenos.

Publicado o

Xornal de Compostela

A mobilización convocada pola ANPA do CEIP Monte dos Postes en Santiago de Compostela encheu as inmediacións do centro este martes para dicir “non” aos recortes de persoal e esixir “máis profesional especializado” para o alumnado con necesidades educativas.

A representante da ANPA, Tereixa Novo, denunciou un “déficit sanguento de persoal”, xa que este curso a porcentaxe de nenos con discapacidade ou necesidades especiais aumentou considerablemente, chegando ao 33% do alumnado total do CEIP.

Novo criticou que o centro conte só con “dous profesores e medio” (un de pedagoxía terapéutica e outro de audición e linguaxe, máis un compartido) para atender a 50 alumnos con necesidades recoñecidas. Os manifestantes, que rodearon o colexio, corearon cánticos como “o profesorado está saturado” e “ensino público de calidade”. A ANPA recalcou que o profesorado titor sen formación específica está “sobrecargado” e responsabilizou á administración da falta de efectivos, a pesar de que a asociación de pais e nais xa tivo varias reunións sen obter unha resposta satisfactoria.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...