InicioSANTIAGOO PP de Santiago quere coñecer as medidas de Sanmartín ante as...

O PP de Santiago quere coñecer as medidas de Sanmartín ante as verteduras no Sar

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, esixiu á alcaldesa, Goretti Sanmartín, que “recite, ensine e demostre” que medidas tomou co fin de parar as verteduras do río Sar e que explique que “responsabilidades vai asumir como alcaldesa”.

Tal e como trasladou o PPdeG local nunha nota de prensa, Vila compareceu este xoves para “pedir explicacións tras 12 días de silencio absoluto e dunha falta de información e transparencia sen precedentes” que “arrasaron co río Sar”, unha contorna que “forma parte da Rede Natura 2000”.

Segundo o edil popular, “todo isto ocorreu coa complicidade do Goberno nacionalista que, desde o minuto uno, mirou cara a outro lado, non deu explicacións nin tomou ningunha medida para evitar que isto seguise sucedendo”.

“Hai que ver como gritaron nos últimos meses para defender a ría de Arousa, que desemboca no río Ulla, que ía arrasar” e colapsar o ecosistema por culpa dunha industria en Pas de Reis e, en cambio, parece que nada pasa porque o río Sar, que desemboca na mesma ría, acabe contaminado con materia orgánica de residuos fecais”, sinalou.

Nesta liña, Villa subliñou que o de Altri formaba parte da “factoría de bulos do BNG”, pero o arrase do ecosistema do Sar é unha “triste e preocupante realidade”. A continuación, hase autopreguntado “onde está Greenpeace, Luís Zahera e todas as asociacións do parque temático do BNG”.

Vila lembrou que esperaron ata este luns para celebrar unha reunión na que, asegura, Augas de Galicia “tiroulle das orellas” ao Bloque por “non cumprir os protocolos de traballo e ter unha clara falta de coordinación” para as fases de funcionamento da depuradora.

Con todo, engadiu que “esperan explicacións pormenorizadas de Sanmartín sobre o cronograma do desastre ambiental no río Sar” e que “asuma a súa responsabilidade como alcaldesa de Santiago deste atentado ambiental sen precedentes”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...