InicioPOLÍTICARodrigo Paz, nado en Compostela, novo presidente de Bolivia

Rodrigo Paz, nado en Compostela, novo presidente de Bolivia

O seu vicepresidente chama á irmandade e a reconciliación e anuncia "cambios estruturais".

Publicado o

Xornal de Compostela

O novo presidente de Bolivia será o candidato do Partido Demócrata Cristián (PDC), Rodrigo Paz Pereira, quen venceu na segunda volta das eleccións co 54,6 por cento dos votos fronte ao expresidente do país Jorge Tuto Quiroga, que aglutinou o 45,4 por cento dos mesmos.

Paz Pereira naceu en 1967 en Santiago de Compostela mentres a súa familia estaba no exilio. É fillo do expresidente Jaime Paz Zamora e da galega Carmen Pereira, irmá da pintora ‘Aurichu’ Pereira, a que fóra, ata o seu falecemento en 2023, parella do histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras.

Deste xeito, Paz logrou o voto de máis de 3,3 millóns de bolivianos, superando aos case 2,8 que depositaron o seu apoio en Tuto Quiroga con case o 98 por cento do escrutinio xa realizado, segundo os datos do Sistema de Reconto Preliminar (Sirepre) do Tribunal Superior Electoral de Bolivia, que poderían presentar variacións con respecto ao cómputo oficial definitivo.

O seu compañeiro como vicepresidente na candidatura, Edmand Lara, celebrou os resultados e anunciou “accións inmediatas” a fin de “recuperar a economía do país (…), garantir a subministración de diésel e de gasolina (…), nivelar os prezos da canastra familiar e acabar coa corrupción”.

vén unha nova historia, basta de corrupción, basta de inxustiza“, declarou nunha intervención na que anunciou “cambios estruturais” desde a cidade de Santa Cruz, antes de trasladarse á Paz para reunirse co novo dirixente do país. Así mesmo, fixo un chamamento a “a irmandade”, así como a “á unidade, á reconciliación dos bolivianos”. “É tempo de perdón, é tempo de reconciliación. Agora hai que pensar na patria“, aseverou ante os medios de comunicación.

Rodrigo Paz, senador do PDC, fillo do expresidente Jaime Paz Zamora e sobriño-neto do tamén exmandatario Víctor Paz Estenssoro, volveu a derrubar as predicións das enquisas e a saír vencedor tras a súa vitoria na primeira volta, facendo uso dun discurso afastado tanto do MAS como do conservadurismo da oposición.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...