InicioSANTIAGOProxecto piloto en Santiago para a conciliación durante o curso, especialmente en...

Proxecto piloto en Santiago para a conciliación durante o curso, especialmente en familias migrantes

A concelleira de Dereitos e Sociais, María Rozas, presentou esta iniciativa que se vai a desenvolver no Centro Sociocultural dá Trisca.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago pon en marcha un proxecto piloto, chamado Eduteca, para favorecer a conciliación durante o curso escolar, especialmente dirixido a familias migrantes e monomarentales.

A concelleira de Dereitos e Sociais, María Rozas, presentou esta iniciativa que se vai a desenvolver no Centro Sociocultural da Trisca.

A intención é cubrir a conciliación durante todo o curso escolar, non só en períodos non lectivos, co foco posto en familias que non poden permitirse actividades de reforzo tanto nas tarefas escolares como na preparación de exames. Conta coa colaboración da ONG Movemento pola Paz.

Está dirixido a nenos de Primaria empadroados en Santiago e que estuden nalgún centro da cidade, de entre 6 e 12 anos. Funcionará de luns a venres, entre as 15,30 e as 19,00 horas.

A renda da unidade de convivencia non poderá superar os 25.200 euros brutos anuais. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 23 ao 26 de setembro. O formulario debe enviarse a migracions@santiagodecompostela.gal.

CONVENIO PARA O AUDITORIO

Pola súa banda, a alcaldesa de Santiago e presidenta do Consello Reitor do Auditorio de Galicia, Goretti Sanmartín, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron este xoves o convenio de financiamento do Auditorio en 2025, que conta cunha dotación de 300.000 euros, 100.000 euros máis que o anterior.

“Coincidimos coa Deputación da Coruña en que a cultura sexa un dereito, que sexa o pan o noso de cada día”, afirmou a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín.

VÍA SANTIAGO-TAMBRE-LENGÜELLE

Así mesmo, a vía verde Compostela-Tambre-Lengüelle será unha realidade no verán de 2026.

A Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela asinaron este xoves un convenio de encomenda de execución da obra que completará os 36 quilómetros de senda desta vía que conecta de modo peonil e ciclista da capital galega con Cerceda polo antigo trazado do ferrocarril entre A Coruña e Santiago.

ÚLTIMAS

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

Sanmartín evita entrar nas críticas de Pedro Blanco e pídelle que facilite a chegada directa de fondos de vivenda a Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, evitou este mércores entrar nun intercambio de declaracións...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...