InicioPOLÍTICAO PSdeG acusa a Goretti Sanmartín de “vivir de rendas” en dous...

O PSdeG acusa a Goretti Sanmartín de “vivir de rendas” en dous anos de mandato

Os socialistas critican a baixa execución do plan de contratación, a falta de diálogo e reclaman medidas urxentes para a vivenda e os servizos básicos.

Publicado o

Xornal de Compostela

O PSdeG-PSOE de Santiago considera que a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, “viviu de rendas” durante os dous primeiros anos de mandato, grazas a proxectos “en diversas fases de posta en marcha” polo anterior goberno, liderado polo socialista Xosé Sánchez Bugallo. Nunha rolda de prensa ofrecida este xoves, os dous concelleiros do grupo do PSOE, Gumersindo Guinarte e Marta Abal, puxeron o foco na “deficiente xestión” do Concello.

En concreto, referíronse á “baixa porcentaxe de execución” do plan de contratación de 2024, “cun 9 por cento de avance”, así como á “precarización de contratos” e a “preocupante falta de diálogo” tanto coa Corporación como con outros colectivos da cidade.

Ademais, Abal denunciou os “graves atrancos” no acceso á vivenda en Santiago e pediu “solucións reais”. Así, o PSOE compostelán reclamou abandonar “as leas partidistas” e que se desbloquee a declaración de mercado residencial tensionado e mobilícense as 6.000 vivendas baleiras que hai na cidade con “incentivos fiscais positivos”.

Así mesmo, os socialistas denunciaron que o servizo de limpeza e recollida de lixo está “a fallar gravemente”, que o novo contrato de transporte público está a xestionarse con “opacidade e que o rural segue sendo “a gran débeda que hai que resolver”.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...