InicioPOLÍTICASantiago presenta recurso para retrotraer a declaración de zona residencial tensionada

Santiago presenta recurso para retrotraer a declaración de zona residencial tensionada

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, anuncia que o Concello recorrerá a recente declaración e adaptará a documentación ás esixencias da Xunta.

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Urbanismo do Concello de Santiago, Iago Lestegás, avanzou que presentará o recurso de reposición para retrotraer a declaración de zona de mercado residencial tensionado esta semana.

Preguntado polos medios de comunicación este mércores tras a reunión entre técnicos da Xunta e o Concello do pasado luns, Lestegás insistiu en que o Instituto Galego da Vivenda e Chan (IGVS) “recoñeceu a validez do diagnóstico” e “que Santiago cumpre os requisitos para ser declarado zona de mercado residencial tensionado”.

No entanto, Raxoi accedeu a adaptar a documentación a “as súas esixencias”, eliminando os datos que eles non queren que figuren — e deixando os datos oficiais — e incorporando outros que esixen, “aínda que non sexan legalmente obrigatorios”.

Ademais, concretarán “máis” algunhas medidas propostas, aínda que puntualizou Lestegás, “á Xunta non lle corresponde opinar sobre o plan de medidas porque o plan o fai e apróbao o Concello porque así o decidiu no seu momento o Partido Popular cando aprobou a Lei de Medidas Fiscais Administrativas de 2023″.

En canto ao prazo para realizar as ditas adaptacións, Lestegás sinalou que é un traballo que teñen que facer en paralelo a “moitas outras cousas”. “Todo este traballo que a Xunta nos está obrigando a facer extra, provoca que non podamos dedicar ese tempo no Concello a outros asuntos que tamén son importantes”, explica.

Durante a súa intervención, tamén defendeu a utilización de datos non oficiais xunto aos oficiais porque “permiten facer unha triangulación”. “Esas medidas de contención de prezos operan sobre o mercado privado. Por tanto, coñecer a información que ten o mercado sobre as dinámicas residenciais non é menor”, ampliou o concelleiro. Con todo, finalizou asegurando que “como queren que o procedemento avance”, e póidase regular o prezo de vivenda, “farán todas as adaptacións que sexa necesario facer”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...