InicioSOCIEDADELuz verde á Facultade de Farmacia en Santiago cun orzamento de 16,5...

Luz verde á Facultade de Farmacia en Santiago cun orzamento de 16,5 millóns

O proxecto da USC terá 14.463 m² e forma parte do futuro Centro de Ciencias da Saúde.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago ven de aprobar a licenza para a construción da nova Facultade de Farmacia, cun orzamento de 16,5 millóns de euros. A infraestrutura, que formará parte da fase I do Centro de Ciencias da Saúde da USC, contará con dous volumes que sumarán unha superficie de 14.463 metros cadrados, segundo explicou a alcaldesa, Goretti Sanmartín.

Na mesma Xunta de Goberno local tamén se deu luz verde á modificación da estación de servizo de Galuresa na avenida do Cruceiro da Coruña, que prevé o derrube e reconstrución do edificio principal coa incorporación dun túnel de lavado. Ademais, adxudicouse a vivenda situada na rúa do Espírito Santo, 33 por 130.639 euros, uns 61.000 por enriba do tipo de licitación, quedando o comprador obrigado a solicitar a licenza en tres meses e iniciar as obras de rehabilitación nun prazo dun ano.

Outro dos puntos aprobados foi o contrato mixto para a iluminación de Nadal, cun orzamento de 576.389 euros para dous anos, así como a contratación do servizo de conserxería, limpeza e vixilancia de instalacións deportivas e centros de ensino, cun investimento máximo de 4,6 millóns. Tamén se puxeron en marcha os trámites para ampliar a rede de abastecemento en Frades, na parroquia da Enfesta, e avanzouse na organización das actividades do Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes para o curso 2025-26.

En canto ao estado da limpeza da cidade, Sanmartín recoñeceu deficiencias no servizo e anunciou un expediente á empresa concesionaria, así como unha campaña de concienciación cidadá sobre horarios e lugares de depósito do lixo. A rexedora subliñou que parte da recadación do imposto turístico poderá destinarse a reforzar a limpeza e asegurou que mellorar este servizo é “unha prioridade política de máxima orde”.

ÚLTIMAS

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

“Traballaba as 24 horas”: unha muller relata como foi traída desde Colombia e obrigada a prostituírse

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acolleu este...

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...