InicioSANTIAGOO PSdeG de Santiago pide "reconsiderar" a taxa turística en agosto, que...

O PSdeG de Santiago pide “reconsiderar” a taxa turística en agosto, que non é o mes “máis adecuado”

O Consistorio espera dar a súa aprobación final á implantación deste imposto no pleno deste mes para poder empezar a recadalo a partir do seguinte.

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do PSdeG de Santiago, Gumersindo Guinarte, pediu ao Goberno local “reconsiderar” a intención de poñer en marcha a taxa turística no mes de agosto e chamouno a dialogar co sector. O Consistorio espera dar a súa aprobación final á implantación deste imposto no pleno deste mes para poder empezar a recadalo a partir do seguinte.

Segundo un audio remitido aos medios, Guinarte opina que agosto non é o mes “máis adecuado” debido a que é o de “máis alta ocupación” e polo “pouco tempo” co que os establecementos contan para adaptarse ao sistema. O PSdeG local pediu que “dialogue co sector”, o que, segundo a formación, “tiña que facer hai xa meses”. “Xa advertimos, mesmo no pleno municipal, que o Goberno da señora Sanmartín non estaba a manter o diálogo necesario co sector para a implantación da taxa turística”, expresou Guinarte.

Estas declaracións prodúcense a horas de que o Concello se reúna cos establecementos implicados para explicar o funcionamento da recadación do imposto. “Confirmamos aqueles temores que tiñamos porque, a 15 días de inicio do mes de agosto, o Goberno municipal vai reunirse co sector para cuestións prácticas da posta en marcha deste tributo”, criticou Guinarte.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...