InicioPOLÍTICARueda acusa a Raxoi de dar "datos dun portal inmobiliario" para pedir...

Rueda acusa a Raxoi de dar “datos dun portal inmobiliario” para pedir a zona tensionada

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou ao Concello de Santiago que achegase “datos dun portal inmobiliario” na solicitude de zona de mercado residencial tensionado. A preguntas dos medios este martes despois de coñecerse a pasada semana que a Administración autonómica requirise ao Goberno local que “enmiende deficiencias” na documentación que enviou a finais de maio para solicitar esta declaración, Rueda dixo que é “pouco serio” que os datos achegados “baséanse” en “un portal inmobiliario”.

Neste sentido, manifestou que hai “fontes oficiais” que, reivindicou, “son as que ademais a normativa sobre vivenda que ampara esta declaración di que teñen que ter este carácter”. “O Concello da Coruña fixo así”, dixo antes de insistir en que o concello da capital galega debe “darse conta” de que para tomar este tipo de decisións “hai que cumprir a lei”.

De cumprila, asegurou, a Xunta fará efectiva esta declaración a pesar de “non crer nesta medida” que “non resolveu ningún problema onde se instalou”. “Pero se un Concello quere facela efectiva, como xa fixo A Coruña, a Xunta non se vai a opor. Estamos á espera do BOE, xa non depende de nós, pero a Xunta autorizou esa declaración de zona tensionada porque o Concello da Coruña mandou a documentación en regra e obtivo esa declaración”, aseverou.

ÚLTIMAS

O Escarnio e Maldizer é desaloxado de maneira pacífica

Máis de medio centenar de persoas concentrouse na mañá deste venres na Praza de...

Dous accidentes múltiples provocados por unha granizada deixan varios feridos na área de Compostela

Dous accidentes múltiples rexistrados na área de Santiago de Compostela á primeira hora deste...

A alcaldesa evita posicionarse sobre o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: “Todo o mundo sabe non intervén neste tipo de procedementos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, desvinculou este venres ao Concello do desaloxo do...

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

A alcaldesa evita posicionarse sobre o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: “Todo o mundo sabe non intervén neste tipo de procedementos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, desvinculou este venres ao Concello do desaloxo do...

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

O Concello de Santiago adxudica 61 prazas do programa ‘Compostela Concilia’ para a quenda de Entroido

O Concello de Santiago publicou a listaxe provisional de prazas adxudicadas no programa municipal...