InicioSANTIAGOO PP de Santiago critica ao Concello de Santiago polos carteis de...

O PP de Santiago critica ao Concello de Santiago polos carteis de Galiza Nova sobre Leonor

Así mesmo, esgrimiu que "se non pode resistir a presión interna, se non é quen de facer valer os seus deberes como alcaldesa (…) debe dimitir".

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, criticou este martes os carteis cos que a organización Galiza Nova empapelou diferentes zonas da cidade para mostrar o seu rexeitamento á presenza da princesa Leonor.

Na súa intervención, o concelleiro popular reprochou que “BNG, CIG e Galiza Nova ensuciaron as rúas con carteis ofensivos, mentres a propia alcaldesa, co seu comportamento, ensuciaba a imaxe institucional de Santiago”. “‘Non é a imaxe de Santiago que queremos’, dicía hai pouco a propia alcaldesa. Supoñemos que será a propia alcaldesa e o BNG os que paguen esas multas”, sinalou o popular.

Así, pediu explicacións sobre se “se ordenou xa iniciar os expedientes sancionadores por ensuciar a cidade”, e aproveitou para incidir en que “incumpriron a ordenanza e os autores son perfectamente identificables, porque os carteis levan o seu logo“. Neste contexto, o edil criticou a actitude da alcaldesa Goretti Sanmartín tras a súa decisión de non asistir ao acto institucional de entrega da Medalla de Galicia á princesa de Asturias, celebrado este luns en Compostela.

Así mesmo, esgrimiu que “se non pode resistir a presión interna, se non é quen de facer valer os seus deberes como alcaldesa, se non antepón os intereses da cidade aos do seu partido, debe dimitir“.

Con todo, de la Fuente esixiu responsabilidades tamén ao PSOE e aos concelleiros non adscritos, “que fixeron posible o goberno do BNG en Santiago e, se permiten este deixamento de funcións, son tan responsables coma ela de que Santiago non estea a ser representada coa dignidade e o respecto institucional que merece”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...