InicioSANTIAGOAnuncian a aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións dun...

Anuncian a aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de hípica en Teo

Segundo se recolle no DOG, a resolución da Alcaldía do 21 de maio de 2025 aprobou inicialmente este plan especial. Así, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do citado plan

Publicado o

Xornal de Compostela

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o anuncio da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións dun centro de hípica na Pedra, no municipio coruñés de Teo.

Segundo se recolle no DOG, a resolución da Alcaldía do 21 de maio de 2025 aprobou inicialmente este plan especial. Así, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do citado plan.

A duración da suspensión, detalla o anuncio, é de dous anos, contados desde a aprobación inicial, extinguíndose en todo caso coa súa aprobación definitiva.

A área afectada pola suspensión localízase ao norte do núcleo da Pedra, na parroquia de Recesende (San Xoán), cunha superficie de 18.587,95 metros cadrados, segundo despréndese do proceso de validación e inscrición levado a cabo.

Agora sométese o expediente a información pública durante o prazo de dous meses mediante a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en La Voz de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial do Estado.

Durante ese prazo, que se computará a partir do día seguinte desta publicación, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a información pública.

ÚLTIMAS

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...