InicioSOCIEDADEO reitor da USC asegura que a redución do número mínimo de...

O reitor da USC asegura que a redución do número mínimo de alumnos para grao e máster “está sobre a mesa”

A normativa vixente di que durante os últimos tres anos do máster, debe haber polo menos unha media de 16 alumnos matriculados. No caso do Máster en Matemáticas, esta casuística non se cumpre, xa que a media actual dos últimos anos está en 12

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) continúa en conversacións coa Xunta para abordar a continuidade do Máster en Matemáticas, excluído da oferta académica do próximo curso. O reitor, Antonio López, trasladou que unha das cuestións “sobre a mesa” é a redución do número mínimo de alumnos necesario para impartir graos e másteres, criterio que levou á toma desta decisión. En declaracións aos medios, o responsable da USC asegurou que seguen os “encontros e contactos institucionais” entre o persoal da Consellería de Educación, FP e Universidades, a Vicerreitoría responsable e o decanato da Facultade de Matemáticas. “Enriba da mesa están varios temas: un inmediato e outro un pouco menos inmediato”, apuntou.

O máis urxente é o relativo ao próximo curso, cuestión pola que a USC celebrará este xoves un Consello de Goberno extraordinario para “avaliar esta situación”. O obxectivo central da sesión é “a análise e valoración das decisións adoptadas pola Secretaría Xeral de Universidades e do seu impacto no funcionamento da universidade”, detallou a USC nunha nota de prensa anterior. Neste sentido, a institución presentou en xuño un recurso á decisión da Xunta de non conceder a declaración de ‘singularidade’ á titulación, sobre o que aínda non recibiu unha resposta. No caso de ter este distintivo, o máster quedaría exento de cumprir o requisito do número mínimo de matriculados.

REFORMULACIÓN DO MÁSTER

De forma paralela, a Facultade xa traballa para unha reformulación do máster, que se prevé implantar o curso 2026-27. “Sería un máster que viría substituír ao que temos, pero con algunhas adaptacións e formulacións diferentes”, explicou López. O desexo da USC é, a través desta adaptación, captar máis alumnado. Ao mesmo tempo, o reitor asegurou que está “sobre a mesa” a revisión da normativa das universidades galegas, que establece un número mínimo de alumnos para graos e másteres. “É unha cuestión que xa está exposta desde hai tempo e debe seguirse traballando niso”, expuxo López.

Este criterio é o que levou á Xunta a tomar a decisión de non ofertar a titulación no próximo curso. Durante os últimos tres anos do máster, debe haber polo menos unha media de 16 alumnos matriculados. No caso do Máster en Matemáticas, esta casuística non se cumpre, xa que a media actual dos últimos anos está en 12.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...