InicioSUCESOSTres acusados negan ter branqueado diñeiro do narcotráfico, os ingresos viñan do...

Tres acusados negan ter branqueado diñeiro do narcotráfico, os ingresos viñan do traballo “lícito” da prostitución

Este xuízo celebrouse como unha peza separada doutra causa por narcotráfico froito dunha investigación policial en Santiago de Compostela que incluíu a entrada nunha hamburguesería aberta en 2022 na Rúa Nova de Abaixo

Publicado o

Xornal de Compostela

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, xulgou este venres a tres acusados por branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas. A defensa dos procesados negou esta cuestión ao escudarse en que os ingresos procedían do traballo “lícito” como prostituta dunha dos procesados e da facturación dunha hamburguesería en Santiago.

Fiscalía pide catro anos de prisión para cada un deles, dous homes e unha muller, así como o abono de multas que suman uns 200.000 euros como cantidade blanqueada.

Este xuízo celebrouse como unha peza separada doutra causa por narcotráfico froito dunha investigación policial en Santiago de Compostela que incluíu a entrada nunha hamburguesería aberta en 2022 na Rúa Nova de Abaixo –actualmente pechada–, rexistros domiciliarios e intervención de comunicacións telefónicas. Están acusados de sacar o diñeiro de España a través de envíos á República Dominicana para blanquear as cantidades obtidas de forma supostamente ilícita.

Dous dos acusados son un matrimonio de nacionalidade dominicana que alegaron que ese diñeiro procedía do ingresado pola muller ao exercer a prostitución nun club de San Lázaro, en Compostela, con ingresos que alcanzaban “ata 8.000 euros ao mes” e que recibía case sempre en metálico.

Tamén afirmaron que a muller abriu o local de comida na Rúa Nova de Abaixo, onde o home era xerente, e que funcionaba “de marabilla” ata que o rexistro policial deixounos sen clientela. Sosteñen que tan só realizaban envíos dese diñeiro a familiares e amigos. “Non pensei nunca que podía ser un problema”, dixo ela sobre esas remesas monetarias.

O outro acusado, de nacionalidade española, asegurou que el só realizaba estes envíos de diñeiro a petición dun dos procesados como “un favor” pola súa relación de amizade e negou ter contrapartidas de diñeiro ou drogas a cambio. Relatou que as empresas de envíos teñen un límite de 3.000 euros por mes, por iso recorreron a el para poden mandar máis. “Se pensaba que me ía a pasar isto, non o facía”, aseverou.

OPERACIÓN CONTRA TRÁFICO DE DROGAS

Con todo, o fiscal acusou ao xerente da hamburguesería de empregar o local e o seu domicilio para facer entregas de droga, co outro home axuizado como comprador habitual, para o que esgrimiu mensaxes intervidas nos que lle pedía un “grande” ou un “peque”, en referencia, segundo expón, a un gramo ou medio gramo de cocaína.

Pola súa banda, o axente encargado da investigación interveu –a través de videoconferencia– para explicar que o xerente da hamburguesería foi localizado nun operativo antidroga realizado nun piso na compostelá Avenida Barcelona en 2022, ademais de estar acreditados contactos con persoas ás que se lles incautaron estupefacientes. Igualmente, deu conta de que no local de hostalaría producíanse trapicheos e que case non tiña actividade comercial, pois “nunca había moita xente”. Dixo non ter constancia de que a muller exercese a prostitución porque non había vixilancias sobre ela.

A defensa dos acusados achegaron como testemuñas a traballadores do local para acreditar o seu funcionamento e a excompañeras da acusada no club de alterne de San Lázaro. O caso quedou visto para sentenza.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...