InicioSOCIEDADEUnha exempleada da gardaría Galiña Azul do Polígono do Tambre condenada a...

Unha exempleada da gardaría Galiña Azul do Polígono do Tambre condenada a 15 meses de cárcere por malos tratos habituais a menores

A Xunta tivo coñecemento dos feitos en 2019, abriulle un expediente e apartouna, ata que a propia educadora renunciou ao posto en 2020

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha extraballadora da gardaría pública Galiña Azul do Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, aceptou unha pena de 15 meses de cárcere por un delito de malos tratos habituais a menores entre os anos 2018 e 2019. Tal e como confirman a Europa Press fontes xudiciais, a educadora alcanzou un pacto de conformidade coa Fiscalía e as familias querellantes na vista celebrada no Xulgado do Penal número 2 da capital galega.

Á parte da pena de cárcere, que quedará suspendida –por tanto, non entrará en prisión– a condición de que non delinca durante dous anos, foi condenada a indemnizar en 1.000 euros a un menor e 1.500 a cada un dos outros dous. Ademais, estará inhabilitada durante dous anos para exercer oficio, profesión ou outra actividade que implique contacto con menores e deberá pagar dúas multas, de 150 euros cada unha, por delitos leves de malos tratos de obra e lesións.

Fontes da Consellería de Política Social e Igualdade consultadas por Europa Press aseguran que, “axiña que” tiveron coñecemento das condutas da traballadora, en outubro de 2019, “abriuse un expediente e fíxose unha reunión coas familias” do centro público. Así, mentres se realizaba a investigación, esta educadora foi apartada e, posteriormente, ela mesma colleu unha baixa.

Xa en decembro daquel ano abríronse dilixencias previas por parte do xulgado, polo que a Xunta remitiu “toda a documentación” relativa ao expediente sancionador. Con todo, este trámite suspendeuse desde o momento no que se xudicializaron os feitos, ata que finalmente decaeu no momento en que a traballadora renunciou ao seu posto de traballo en abril de 2020, relatan as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...