InicioSANTIAGOTraslado por obras de servizos do Concello de Santiago: Urbanismo estará en...

Traslado por obras de servizos do Concello de Santiago: Urbanismo estará en Casas Reais

Parte do edificio, vía cesión do poder municipal, confórmano dependencias das que fai uso a Xunta e que son, por exemplo, escenario habitual de actos institucionais relevantes

Publicado o

Xornal de Compostela

A realización de obras no Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago, obrigará a trasladar determinadas dependencias e servizos municipais, polo menos de forma temporal. Por exemplo, o persoal de Urbanismo moverase ao edificio denominado Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega, en Casas Reais, unha vez que se instalen os mobles e equipos necesarios.

Ademais, haberá cambios a outros edificios e mesmo dentro do propio Pazo municipal, no que servizos municipais comparten, por exemplo, espazo co Consello da Cultura Galega.

Parte do edificio, vía cesión do poder municipal, confórmano dependencias das que fai uso a Xunta e que son, por exemplo, escenario habitual de actos institucionais relevantes –un dos últimos a firma do traspaso da xestión do litoral entre o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres–.

Nesta conxuntura, en Raxoi, o persoal do Arquivo Municipal trasladarase ao despacho con acceso desde as escaleiras entre o primeiro e o segundo piso. Os locais sindicais da terceira planta moveranse ao estadio municipal de San Lázaro, sen prexuízo de que se poida pór á súa disposición unha sala de reunións nun espazo máis próximo á sede do Consistorio.

En canto ao persoal da Asesoría Xurídica, situarase temporalmente na antesala da Alcaldía e noutras dependencias dispoñibles na primeira planta.

SECRETARÍA

Sen saír de Raxoi, o persoal da Secretaría trasladarase a dependencias que, precisamente no seu día, foron cedidas á Xunta e das que fai uso a Dirección Xeral de Relacións Institucionais e co Parlamento dá Xunta de Galicia.

Se fose necesario, habilitaríase tamén unha zona do edificio da Rúa do Vilar que é sede do Consorcio da cidade.

ÚLTIMAS

O colectivo de persoas racializadas da acampada do Obradoiro convoca unha concentración contra o racismo no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acollerá este luns 12 de outubro...

Verea acusa o Goberno de Santiago de non preparar a cidade para o Xacobeo 2027

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cuestionou a actuación do Goberno...

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...