InicioSANTIAGOO Concello prevé reabrir a vindeira semana a rúa do Pombal tras...

O Concello prevé reabrir a vindeira semana a rúa do Pombal tras completar as obras

Goretti Sanmartín confirma que os servizos técnicos xa certificaron o estado da intervención e asegura accesibilidade plena

Publicado o

Xornal de Compostela

A rúa do Pombal, pechada ao tráfico dende xuño de 2024 por mor das obras de mellora, volverá estar operativa nos próximos días, segundo avanzou este venres a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín. A rexedora explicou que a apertura se producirá “unha vez emitido o informe de recepción formal”, documento que acredita o cumprimento dos requisitos técnicos e xurídicos necesarios para a súa posta en servizo.

Durante a súa intervención ante os medios, Sanmartín indicou que os servizos municipais xa revisaron a actuación e confirmaron que está todo correcto. A actuación, incluída no plan municipal de renovación de espazos urbanos, tiña como obxectivo mellorar o estado do firme e renovar as infraestruturas soterradas, nunha rúa de especial tránsito tanto de vehículos como de peóns, por ser un dos accesos directos ao centro histórico desde a zona sur da cidade.

A alcaldesa respondeu tamén ás preocupacións manifestadas por veciños e colectivos, que nos últimos meses advertiran sobre dificultades para transitar polas beirarrúas en cadeira de rodas ou con carriños de bebé. Sanmartín asegurou que se tivo en conta esta cuestión e que se garantiu a máxima accesibilidade en todos os puntos da rúa reformada: “Ese foi un criterio prioritario á hora de executar as obras”, subliñou.

A apertura da rúa do Pombal suporá a recuperación dun dos principais eixos de entrada ao casco histórico, especialmente relevante para o acceso peonil e rodado ao entorno da Alameda e á zona da Porta Faxeira. A reactivación do tráfico nesta vía tamén terá impacto na reorganización dalgunhas liñas de transporte público e na mobilidade en zonas próximas como o Campus Sur ou a rúa Galeras. O Concello, con todo, non concretou a data exacta de apertura, pero agárdase que se faga efectiva ao longo da próxima semana, unha vez completado o trámite final.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...