InicioSANTIAGOSantiago aumenta as prazas de conciliación familiar en educación, un 3% a...

Santiago aumenta as prazas de conciliación familiar en educación, un 3% a nenos con necesidades especiais

O prazo de presentación de solicitudes para nenos e nenas con matrícula no curso actual estará aberto ata o nove de abril

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Educación, Miriam Louzao, presentou o aumento de prazas de conciliación familiar en educación, das cales se destinará un 3% aos nenos con necesidades especiais.

Unha novidade que, segundo a concelleira, inclúen “para garantir o dereito a todos os nenos a participar en todas as actividades sexa cal for a súa necesidade”. Para iso, incorporarase persoal dotado para garantir a súa inclusión no programa.

Segundo trasladou, haberá 90 prazas para o período de Nadal, Entroido, Semana Santa e agosto e 195 para os meses de xuño, xullo e setembro, a etapa de maior demanda.

Neste sentido, licitaranse dous lotes, un destinado á contratación de monitores e as actividades lúdicas e o segundo para o servizo de catering (almorzo e comida), desenvolvidos por empresas diferentes.

Ademais, contará cun novo sistema informático, mediante unha aplicación e a páxina web a través dun rexistro de usuario que terá cada familia. As solicitudes realizaranse por un formulario para axilizar o proceso. Desta maneira, poderán contratar servizos, activar un determinado período, escoller o tipo de praza e enviar suxestións.

O prazo de presentación de solicitudes para nenos e nenas con matrícula no curso actual estará aberto ata o nove de abril. A continuación, publicaranse o 14 de abril as vacantes e abriranse as solicitudes para nenos de novo ingreso do 21 ao 28 de abril. A listaxe de admisión publicarase o 28 de maio. Os prezos, engadiu, irán en función da renda das familias, aínda que Louzao non prevee grandes modificacións.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...