InicioSUCESOSDetido un home por agredir á dependenta dunha tenda en Conxo onde...

Detido un home por agredir á dependenta dunha tenda en Conxo onde entrou para roubar

En declaracións aos medios este xoves, o concelleiro de Convivencia, Xan Duro, mostrou a súa "máxima solidariedade" coa muller afectada ante un feito "totalmente despreciable"

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Nacional detivo a un home por tentar roubar nunha tenda da rúa García Prieto, no barrio compostelán de Conxo, e agredir a unha dependenta, á que fracturou dúas costelas.

En declaracións aos medios este xoves, o concelleiro de Convivencia, Xan Duro, mostrou a súa “máxima solidariedade” coa muller afectada ante un feito “totalmente despreciable”.

Así, afirmou que a persoa está detida e que a presenza policial está a incrementarse, tanto por parte da Policía Nacional como Local, “dentro dos limitados efectivos que existen” e, engadiu, seguirase “reforzando esa vixilancia”.

En todo caso, Xan Duro insistiu na importancia de que a cidadanía “chame e denuncie”. “Se deixamos pasar as cousas non hai forma de ter o panorama real da cidade. Se hai un problema, que chamen á Policía Local ou Nacional e atenderáselles, e así poderemos intervir con máis presteza”, manifestou.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...

O Ateneo de Santiago abre o curso cunha conferencia de Álvaro García Ortiz sobre a transformación da xustiza

O Ateneo de Santiago inicia o vindeiro luns, 5 de outubro, a súa programación...