InicioSANTIAGORaxoi espera que o plan dos espazos verdes de Santiago esté completado...

Raxoi espera que o plan dos espazos verdes de Santiago esté completado en 2025 como esixe Europa

O barrio verde de Pontepedriña será o punto máis importante do cinco centrais do proxecto, xa que consumirá 2.133.810 euros, máis do 50 por cento do orzamento tota

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Manuel Domínguez, presentou este mércores os avances do proxecto de reforma dos espazos verdes da capital, ‘Entre Sar e Sarela’, e trasladou que “en principio” estará acabado este 2025, como dita a Unión Europea, que financia o 95 por cento, case 3,9 millóns de euros.

Deste xeito, Domínguez afirmou en rolda de prensa que “todos os proxectos están en marcha”; o barrio de Cornes, o Xardín Botánico e o monte do Viso atópanse en fase de redacción e execución en licitación, mentres que a iniciativa da lagoa do Auditorio de Galicia está en redacción e a obra de Pontepedriña en fase de adxudicación.

O corazón desta iniciativa son ese cinco obras diferentes e, segundo afirmou o edil, a súa realización “incrementará a estrutura verde, a conectividade entre os espazos verdes e azuis, e adaptará Santiago ao cambio climático”. Ademais, puntualizou que é unha “oportunidade crucial para camiñar cara ao modelo de cidade que impulsa o concello”.

PONTEPEDRIÑA PROTAGONISTA DO PROXECTO

O barrio verde de Pontepedriña será o punto máis importante do cinco centrais do proxecto, xa que consumirá 2.133.810 euros, máis do 50 por cento do orzamento total. Nel levará a cabo unha renaturalización da zona (cales Amor Ruibal e Escultor Camilo Otero, praza Pintor Laxeiro, parque Eugenio Granell e IES Pontepedriña) e construirase un corredor ecolóxico urbano. O seu prazo de execución é de sete meses.

Tamén contará cun proxecto piloto para a xestión da auga da choiva, para o que o Executivo municipal xa conta co apoio da Xunta.

REFORMA DA LAGOA DO AUDITORIO

Doutra banda, a reforma da lagoa artificial do Auditorio de Galicia será a segunda obra máis cara, con 963.255 euros de orzamento. O seu prazo de execución é de cinco meses e nela realizarase unha naturalización da lagoa e unha restauración da súa contorna, no que se atopa o río Corgo, parcialmente canalizado.

O resto das actuacións seguen a liña en canto ao tempo de execución: o xardín Botánico oito meses, e o barrio de Cornes e o monte do Viso seis meses.

COMBATER O CAMBIO CLIMÁTICO

Na rolda de prensa estivo tamén presente o biólogo e investigador do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) Pablo Ramiro.

Leste explicou que o proxecto ‘Entre Sar e Sarela’, aprobado a nivel europeo, estatal, autonómico e agora municipal, conta con actuacións que combaten os aspectos negativos do cambio climático.

ÚLTIMAS

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...

O Ateneo de Santiago abre o curso cunha conferencia de Álvaro García Ortiz sobre a transformación da xustiza

O Ateneo de Santiago inicia o vindeiro luns, 5 de outubro, a súa programación...