InicioPOLÍTICAO PP de Santiago esixe prazos para a implantación da taxa turística...

O PP de Santiago esixe prazos para a implantación da taxa turística e denuncia a “ausencia de información”

O PP de Santiago insta ao executivo municipal a presentar un cronograma e traballar no borrador da ordenanza, que debería estar listo desde o verán.

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, esixiu prazos para a implantación da chamada taxa turística e denunciou a “ausencia de información” do goberno local sobre o momento no que estará operativa.

“Se a encargada da taxa fose a Xunta, teriamos ao BNG o 2 de xaneiro pedindo explicacións de por que non está implantada aínda, pero como a responsabilidade é deles non son quen nin de expor un cronograma”, sinalou.

Deste xeito, Verea lamentou que o goberno local “non fixese os deberes” e fixo fincapé en que o borrador de ordenanza “tiña que estar traballado porque desde o verán xa se sabía que ía haber esa habilitación legal a 1 de xaneiro” e, por tanto, “tiñan que estar eses borradores en formato de anteproxecto para poder traballar sobre eles”.

Ademais, o líder popular insistiu en que debería ser o propio Concello quen xestione esta taxa “que non deixa de ser na práctica un imposto municipal”. Con todo, o PP de Compostela esixiu aos nacionalistas nunha nota de prensa “que se poñan a traballar xa e deixen de marear a perdiz coa taxa, xa que teñen todas as ferramentas legais para pola en marcha”.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...