InicioSANTIAGOA USC remite ao Claustro a proposta de novos Estatutos e amplía...

A USC remite ao Claustro a proposta de novos Estatutos e amplía o prazo de devolución da débeda

O documento inclúe achegas da comunidade universitaria e mantén aberto o debate sobre a estrutura organizativa da institución

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou este xoves a remisión ao Claustro Universitario da proposta de novos Estatutos adaptados á Lei Orgánica do Sistema Universitario. A documentación deberá agora ser debatida neste órgano antes da súa aprobación definitiva.

Segundo informou a institución, o texto integra máis de 800 achegas realizadas tanto pola comunidade universitaria nun período previo de consulta pública, como polos membros do Consello de Goberno na súa última revisión. A proposta mantén abertas cuestións clave para o debate no Claustro, como o modelo organizativo da universidade, a posible existencia ou non de Departamentos, así como o nivel de participación dos distintos sectores da comunidade universitaria nos órganos de goberno.

Ademais, nunha sesión extraordinaria, o Consello de Goberno aprobou a ampliación do prazo de devolución da débeda bancaria da USC. A medida implica a renegociación dos prazos de tres créditos bancarios para garantir o inicio das obras da Fase 1 da nova sede da Facultade de Farmacia, que terá un custo total de 24,57 millóns de euros e un prazo de execución de 2025 a 2028.

A reestruturación da débeda permitirá que os fondos inicialmente destinados á amortización en 2025 e 2026, que ascenden a 7,59 millóns de euros, sexan utilizados para cubrir as necesidades económicas da nova infraestrutura. A decisión conta coa correspondente autorización da Consellería de Facenda.

ÚLTIMAS

Gonzalo Muíños pide recuperar o dobre sentido en Rodas tras o atropelo dun escolar de La Salle

O concelleiro non adscrito do Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, reclamou ao Goberno municipal...

Santiago reunirá 200 profesionais da industria aeroespacial nun congreso internacional os días 28 e 29 de outubro

Santiago de Compostela converterase os próximos 28 e 29 de outubro nun punto de...

Rozas confirma que o novo contrato do SAF non estará operativo o 31 de outubro e que o Concello traballa nos orzamentos de 2027

A tenenta de alcaldesa de Santiago de Compostela e portavoz de Compostela Aberta no...

Santiago abre este xoves unha nova edición dos orzamentos participativos para que a mocidade decida o destino de 10.000 euros

O Concello de Santiago de Compostela iniciará este xoves, 15 de outubro, unha nova...

A Asociación de Xornalistas de Galicia concede o Premio Diego Bernal 2027 ao catedrático da USC Xosé López García

A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) decidiu conceder o Premio Diego Bernal 2027...

A criminalidade baixa un 2,3% en Santiago, con descensos nos delitos convencionais e na ciberdelincuencia

A criminalidade baixou un 2,3% en Santiago durante o primeiro semestre de 2026 respecto...

De reunir unha tonelada a enviar 14,2: a solidariedade galega chega a Venezuela en case 1.500 caixas

O que comezou co propósito de reunir unha tonelada de axuda humanitaria acabou convertido...