InicioSANTIAGOO Concello de Santiago mantén a subvención do billete de bus que...

O Concello de Santiago mantén a subvención do billete de bus que ascende a 0,48 euros ao caer a bonificación estatal

O Executivo local decidiu manter provisionalmente a bonificación municipal complementaria a esa axuda estatal, "ata que se clarifique de maneira definitiva a situación".

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago manterá a subvención do billete de autobús, que pasará de 0,30 a 0,48 céntimos tras anularse as bonificacións estatais ao transporte coa derrogación este xoves do coñecido como decreto ómnibus.

Así, o Executivo local decidiu manter provisionalmente a bonificación municipal complementaria a esa axuda estatal, “ata que se clarifique de maneira definitiva a situación”.

Por tanto, explicaron desde o consistorio local, o Concello manterá a subvención do 20% sobre o prezo da viaxe nos bonos ordinario e escolar temporalmente, ata que o Goberno central comunique se traballa nalgunha fórmula que permita recuperar as bonificacións suspendidas.

Ante esta situación, o Goberno da capital galega lamentou a “actitude irresponsable do PP e dos seus socios de dereitas”, que, na súa opinión, “antepón as súas interese partidarios ao interese xeral da cidadanía”.

En definitiva, o prezo da viaxe no bono ordinario en Santiago quedará en 0,48 euros. Ata o momento, coa bonificación estatal, a tarifa era de 0,30 euros, mentres que o prezo antes das axudas estatais era de 0,60.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

A USC aborda en Santiago o impacto das redes sociais no benestar da infancia e da adolescencia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este martes na Facultade de Psicoloxía as...

Aparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en O Milladoiro

O home que fora detido o venres en relación con tres supostas agresións sexuais...