InicioSANTIAGOO goberno local de Santiago acusa de "irresponsabilidade" ao PP polo voto...

O goberno local de Santiago acusa de “irresponsabilidade” ao PP polo voto en contra da lei ómnibus

A tenente de Alcaldesa sinala que "os pensionistas non van ver revalorizada a súa pensión, os novos traballadores que non terán un salario mínimo que lles protexa ou os usuarios do transporte público",

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago está a avaliar a situación na que quedan as bonificacións ao autobús urbano tras decaer no Congreso, polos votos en contra de PP, Vox e Junts, o Real Decreto Lei Ómnibus no que estaban incluídas.

Así o explicou a tenente de Alcaldesa, María Rozas, que criticou a “lamentable actitude” e a “irresponsabilidade” do Partido Popular “e dos seus socios” ao votar en contra deste Real Decreto. “Unha vez máis, antepoñen os seus intereses e os do seu partido sobre os intereses xerais da cidadanía“, dixo María Rozas, engadindo que isto “non é algo novo” que tamén ocorre en Compostela, “onde o PP está sempre tentando bloquear todo”.

Esta “actitude irresponsable”, apostilou, “sófrea a xente”: “Os pensionistas que non van ver revalorizada a súa pensión, os novos traballadores que non terán un salario mínimo que lles protexa ou os usuarios do transporte público”, sinalou Rozas.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

A USC aborda en Santiago o impacto das redes sociais no benestar da infancia e da adolescencia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este martes na Facultade de Psicoloxía as...

Aparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en O Milladoiro

O home que fora detido o venres en relación con tres supostas agresións sexuais...