InicioSANTIAGOO goberno local de Santiago acusa de "irresponsabilidade" ao PP polo voto...

O goberno local de Santiago acusa de “irresponsabilidade” ao PP polo voto en contra da lei ómnibus

A tenente de Alcaldesa sinala que "os pensionistas non van ver revalorizada a súa pensión, os novos traballadores que non terán un salario mínimo que lles protexa ou os usuarios do transporte público",

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago está a avaliar a situación na que quedan as bonificacións ao autobús urbano tras decaer no Congreso, polos votos en contra de PP, Vox e Junts, o Real Decreto Lei Ómnibus no que estaban incluídas.

Así o explicou a tenente de Alcaldesa, María Rozas, que criticou a “lamentable actitude” e a “irresponsabilidade” do Partido Popular “e dos seus socios” ao votar en contra deste Real Decreto. “Unha vez máis, antepoñen os seus intereses e os do seu partido sobre os intereses xerais da cidadanía“, dixo María Rozas, engadindo que isto “non é algo novo” que tamén ocorre en Compostela, “onde o PP está sempre tentando bloquear todo”.

Esta “actitude irresponsable”, apostilou, “sófrea a xente”: “Os pensionistas que non van ver revalorizada a súa pensión, os novos traballadores que non terán un salario mínimo que lles protexa ou os usuarios do transporte público”, sinalou Rozas.

ÚLTIMAS

Compostela activa unha campaña de vixilancia e información sobre a reciclaxe

O Concello de Santiago de Compostela vén de poñer en marcha unha campaña de...

As traballadoras das residencias privadas galegas secundan unha nova xornada de folga

O sector das residencias privadas de Galicia vive este sábado 26 de abril a...

Persoal de Yáñez en folga denuncia unha situación laboral “insustentable” nos centros de Santiago, A Coruña e Ferrol

Traballadores do grupo Yáñez en folga denunciaron unha situación laboral "insustentable" que afecta os...

Santiago celebra ‘LeComigo’ este domingo, un encontro para ler en silencio e falar con vinte escritores

Santiago de Compostela acollerá este domingo a iniciativa 'LeComigo', un encontro pensado para reunir...

Un estudo co liderado do CiMUS demostra que o cerebro pode modificar a microbiota intestinal

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...