InicioSOCIEDADEOs Reis Magos chegan a Santiago nun ano con dobre traballo coa...

Os Reis Magos chegan a Santiago nun ano con dobre traballo coa choiva

O mal tempo obrigou a cancelar ou modificar o percorrido da comitiva real en varias localidades

Publicado o

Xornal de Compostela

Os Reis Magos xa chegaron este sábado a Santiago e a outras localidades galegas. Un ano especial, no que as súas maxestades de Oriente terán dobre traballo para que o mal tempo non trunque o seu percorrido por Galicia.

Na capital galega a choiva fixo acto de presenza durante todo o percorrido, pero non impediu que a comitiva real, sobre as 17:30 horas, comezase o seu percorrido desde a praza de Nosa Señora da Mercé de Conxo.

Un ano máis, acompañados de música e espectáculos, repartiron ilusión e caramelos entre os máis pequenos ata chegar á praza do Obradoiro, minutos antes das 19:00 horas.

Con todo, Santiago non foi o único municipio en acoller a chegada dos Reis Magos. E é que A Cañiza, Nigrán, Oia (Pontevedra) e Paderne (A Coruña) adiantárona tamén a este sábado, igual que en Cangas ou Verín.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...