InicioSUCESOSDetido un condutor no cruce entre as rúas Castela e Murcia tras...

Detido un condutor no cruce entre as rúas Castela e Murcia tras atropelar a un peón

Os feitos producíronse pasadas as 1.30 horas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Policía Local detivo en Santiago de Compostela a un condutor despois de verse implicado na madrugada do 27 ao 28 de decembro nun accidente con saída de vía e atropelo a un peón, segundo informa o consistorio. Os feitos producíronse pasadas as 1.30 horas na rúa Castela-A Mancha, cruzamento coa de Murcia, cando un turismo se saíu da vía pola marxe esquerda. Debido a iso golpeou a outro vehículo que, á súa vez, impactou contra un terceiro.

O primeiro coche, no seu desprazamento, atrapou contra o segundo a un peón que foi trasladado ao complexo hospitalario universitario de Santiago (CHUS). O condutor deste coche foi detido, investigado pola comisión dos delitos de condución temeraria pondo en perigo a vida e integridade das persoas e lesións por imprudencia con vehículo a motor. Na rúa Hórreo rexistrouse, ademais, un atropelo a unha peatona nun paso de peóns, co resultado da persoa ferida leve, precisan desde o consistorio.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...