InicioSANTIAGOSantiago avanza "a bo ritmo" nas obras de mellora urbana con proxectos...

Santiago avanza “a bo ritmo” nas obras de mellora urbana con proxectos clave para o 2025

O concelleiro de Vías e Obras destaca os progresos no Pombal e anuncia novas actuacións en García Lorca e Puente la Reina

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela continúa o desenvolvemento de importantes intervencións no espazo público co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a calidade urbana da cidade. O concelleiro de Vías e Obras, Xesús Domínguez, informou en rolda de prensa sobre o estado actual das obras en curso e avanzou detalles de novos proxectos previstos para o próximo ano.

Domínguez destacou que a obra de reurbanización do Pombal avanza “a bo ritmo”. Segundo indicou, nos últimos días se hormigonou un novo tramo da calzada, que se atopa xa no segundo terzo, e proximamente comezará o proceso de forxado. Ademais, a execución das beirarrúas e das acometidas ás vivendas está na fase final, o que garante que os traballos rematen no prazo previsto.

O edil expresou a súa satisfacción polo avance desta intervención, subliñando “non só a calidade material da execución, senón tamén a atención ás necesidades de mobilidade e acceso dos veciños e locais afectados”.

NOVAS ACTUACIÓNS: GARCÍA LORCA E PUENTE LA REINA

Respecto á rehabilitación da rúa de García Lorca, Domínguez explicou que a obra está en fase de contratación cun orzamento base de licitación de preto de 1,2 millóns de euros. O proxecto busca mellorar a accesibilidade e a calidade do espazo urbano mediante percorridos peonís máis amplos, a recolocación de elementos que dificultan o tránsito e a renovación de pavimentos.

Por outra banda, tamén se anunciou a contratación das obras de reurbanización da rúa de Puente la Reina, cun investimento estimado de 500.000 euros.

O concelleiro fixo un balance positivo da campaña de asfaltados de 2024, que contou cun orzamento de 358.535,10 euros e permitiu rexenerar o pavimento de varias rúas. Para o próximo ano, o proxecto de rehabilitación de firmes disporá de 460.004,08 euros e abarcará unha superficie de 23.360 metros cadrados. Está previsto que os traballos comecen cando melloren as condicións meteorolóxicas.

ÚLTIMAS

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...

O Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da Cidade Histórica

O Consorcio de Santiago abrirá este sábado a primeira convocatoria de axudas destinada especificamente...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...

CompostELA chega a Santiago con 70 peregrinos para dar visibilidade á ELA

Un grupo de 70 integrantes de CompostELA chegou este xoves a Santiago de Compostela...