InicioSANTIAGOAdega e o Concello de Santiago achegan a compostaxe e a xestión...

Adega e o Concello de Santiago achegan a compostaxe e a xestión sustentable de residuos aos centros educativos

Adega traballará cos nenos de 10 centros educativos. As actividades xa deron comezo no IES Xelmirez I, no CEIP de Vite, no CEIP de Roxos, e, este martes, no CEIP Mestre Rodríguez Xixirei.

Publicado o

Xornal de Compostela

A organización ecoloxista Adega e o Concello de Santiago achegan a xestión sustentable dos residuos e a compostaxe aos centros de ensino do municipio a través do proxecto Compostela Composta.

Este martes, 17 de decembro, a educadora ambiental da asociación, María Amigo, e o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, presentaron as primeiras accións deste programa no CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, onde se desenvolveu a primeira actividade de educación ambiental.

O obxectivo desta liña de traballo orientada á comunidade educativa é transmitir aos nenos e ao profesorado os valores e as competencias que lles permitan abordar a xestión sustentable dos residuos ao longo do curso escolar.

“Queremos conseguir que os centros educativos públicos do concello adopten o novo modelo de recollida separada de residuos, a través de labores de educación ambiental con toda a comunidade educativa”, explicou María Amigo. “Comprobamos que en moitos casos xa existe unha xestión eficiente do lixo, pero sempre se pode mellorar, e sobre todo, incidir nesa fracción orgánica que é maioritaria na bolsa do lixo, tamén nos centros de ensino”, engadiu.

Adega traballará cos nenos de 10 centros educativos. As actividades xa deron comezo no IES Xelmirez I, no CEIP de Vite, no CEIP de Roxos, e, este martes, no CEIP Mestre Rodríguez Xixirei. A primeira das sesións consistiu nunha ecoauditoría dos residuos xerados no centro, a través do conxunto de actividades ‘Investigamos o lixo’, onde se toman datos da xestión do lixo e se artellan propostas de mellora.

O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, puxo en valor a educación ambiental como unha ferramenta chave para achegar á comunidade educativa a formación sobre o tratamento da fracción orgánica. “Falamos de 6.000 familias que están a colaborar xa na xestión da compostaxe en Santiago, ben cun compostero individual -ao redor de 1.500-, ou ben a través de composteros comunitarios -con 10 en funcionamento e outro na CIFP Compostela-.

A par destas primeiras actividades educativas, Adega rotará unha exposición informativa sobre a compostaxe e os residuos, ao redor da que realizará unha visita guiada co alumnado de cada centro. Ademais, instalará un compostero doméstico naquelas escolas que aínda non contan cun, para xestionar os residuos dos recreos e mesmo utilizar o compost en pequenas hortas escolares, coa intención, tamén, de fomentar unha alimentación saudable.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...