InicioSANTIAGOSanmartín apunta que os orzamentos da Xunta "non teñen en conta" as...

Sanmartín apunta que os orzamentos da Xunta “non teñen en conta” as “necesidades históricas” de Santiago

En referencia á situación do PSOE compostelán, advertiu de que "non vai falar" sobre procedementos internos doutras organizacións

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asegurou que os orzamentos da Xunta, que pasan este martes polo pleno do Parlamento de Galicia, “non teñen en conta” as “necesidades históricas” de Santiago de Compostela.

Ante as preguntas dos medios nunha rolda de prensa celebrada este martes en Santiago, Sanmartín sinalou que “levan moito tempo” falando destas necesidades e lamentou o “nulo” investimento en espazos ou equipamentos deportivos.

“Creo que hai unha estimación orzamentaria para Santiago que non está á altura do que Compostela merece, iso leva sendo así nos últimos tempos e infelizmente vemos que neste caso os orzamentos do PP continúan nesa mesma tónica”, aseverou.

Neste contexto, fixo referencia á chamada “taxa turística” e lamentou que se trate unha “recarga municipal” que van ter que xestionar os concellos e non dun imposto por estancias turísticas. Con todo, asegurou que o Concello de Santiago “porase a traballar” en canto teñan “un texto de referencia”.

Por outra banda, referiuse tamén aos orzamentos municipais e indicou que “está a haber negociacións”, así mesmo, asegurou que estas avanzan “de maneira adecuada” pero “non tan rápido como algúns quererían”. En referencia á situación do PSOE compostelán, advertiu de que “non vai falar” sobre procedementos internos doutras organizacións.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...