InicioSANTIAGOO Concello de Santiago levanta parcialmente a suspensión de licenzas para permitir...

O Concello de Santiago levanta parcialmente a suspensión de licenzas para permitir novos usos residenciais en baixos

A aprobación permitirá levantar parcialmente os efectos da suspensión previa de actos suxeitos a licenza e comunicación previa adoptada o 17 de xuño

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do goberno local de Santiago, Míriam Louzao, confirmou este luns a aprobación por parte da Xunta de Goberno local do levantamento parcial da suspensión de licenzas na cidade histórica para permitir novos usos residenciais en plantas baixas.

Este foi un dos asuntos abordados na Xunta de Goberno local e sobre os que deu conta a portavoz municipal nunha rolda de prensa este luns.

Deste xeito, incidiu en que este levantamento é “dobremente parcial” porque non afecta a todo o ámbito e porque “só serve para transformar en vivenda, locais comerciais”. Así mesmo, destacou que “non significa que onde permaneza a suspensión a decisión estea tomada”.

Neste sentido, a aprobación permitirá levantar parcialmente os efectos da suspensión previa de actos suxeitos a licenza e comunicación previa adoptada o 17 de xuño. Iso si, “excluíndo dos efectos desa suspensión aqueles actos que supoñan a implantación de novos usos residenciais na planta baixa dos inmobles situados na a cidade histórica, fóra dos espazos onde prevalece protexer o tecido empresarial”.

RESOLUCIÓNS XUDICIAIS

Así mesmo explicou que o goberno local foi coñecedor de tres resolucións xudiciais relativas ao local sociocultural que acolle o ‘Espazo Apego’ en Santiago. A primeira resolución “declara que o Concello é propietario do inmoble desde 2015 e que está expresamente afecto ao servizo público sociocultural desde o 22 de xuño de 2018, polo que adquiriu a condición de ben demanial e é inalienable”.

As outras dúas resolucións ratifican que o local “debe entregarse libre de cargas en execución do plan, non unicamente en virtude do contrato de permuta”, e que os procedementos que o Concello seguiu para facer constar os seus dereitos fan que a inmobiliaria que o adquiriu “non poida aducir é un terceiro de boa fe”.

OBRAS

Noutra orde de cousas, anunciou que se deu luz verde ao comezo dos trámites as obras de rehabilitación do firme na rúa das Baleixas, en Marrozos, así como en varias vías urbanas. Ademais, aprobouse a certificación para adaptar o pavillón do CEIP de Lamas de Abade para practicar hockey a patíns, e as obras de acondicionamento dunha parcela próxima ao centro educativo Ramón Cabanillas.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...