InicioSANTIAGOA Xornada 'El patronato de protección a la mujer' busca visibilizar a...

A Xornada ‘El patronato de protección a la mujer’ busca visibilizar a violencia contra as mulleres desta institución

Todas as persoas interesadas en asistir, poden inscribirse a través dun formulario.

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Memoria Histórica, Míriam Louzao, e a xornalista especializada neste ámbito, Montse Fajardo, presentaron este mércores a xornada ‘El patronato de protección a la mujer’, coa que o Concello pretende visibilizar a violencia exercida contra as mulleres que pasaron por esta institución franquista que estivo activa desde 1941 ata 1985.

Encadrado na semana de sensibilización con motivo do 25N, este evento terá lugar o vindeiro venres 29 de novembro no CSC das Fontiñas.

Todas as persoas interesadas en asistir, poden inscribirse a través dun formulario.

Míriam Louzao remarcou que, con esta xornada, o Concello arrinca “unha nova liña de traballo centrada na recuperación da memoria das mulleres” que se chamará ‘As mil marías’, que estará enfocada en “pór en valor o papel das mulleres na sociedade”, tanto no ámbito galego como no compostelán.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...