InicioSANTIAGOCondena do Concello de Santiago ás pintadas homófobas que apareceron nun dos...

Condena do Concello de Santiago ás pintadas homófobas que apareceron nun dos accesos á cidade

Segundo explicou a alcaldesa, Goretti Sanmartín, o consistorio local xa se fixo cargo da limpeza da beirarrúa a través de Urbaser e encargou a Aceinsa a retirada das pintadas da señalética

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago condenou as pintadas homófobas que apareceron nun dos accesos á capital galega, no barrio de San Lázaro.

Así, o goberno local emitiu un comunicado no que reproba este “atentado contra o espazo público” e, especialmente, condena “todo tipo de expresión homófoba”, como foi o caso.

Segundo explicou a alcaldesa, Goretti Sanmartín, o consistorio local xa se fixo cargo da limpeza da beirarrúa a través de Urbaser e encargou a Aceinsa a retirada das pintadas da señalética.

“Lamentamos este atentado contra o espazo público e condenamos todo tipo de expresión homófoba. Quero lembrar que Compostela é unha cidade diversa, de acollida e na que non hai espazo para comportamentos homófobos, xenófobos nin machistas. Expresamos a nosa firme condena a este tipo de actuacións e de expresións e apelamos a non tolerar estes comportamentos”, resolveu.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...