InicioECONOMÍAUnha nova liña ofrece nove enlaces por día entre Teo e o...

Unha nova liña ofrece nove enlaces por día entre Teo e o transporte urbano de Santiago

O primeiro sairá ás 06,45 horas da Ramallosa e outro oito serán pola tarde, das 16,20 ata as 21,00 horas cunha frecuencia de 40 minutos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta reestrutura o servizo de autobús de interese municipal de Teo cunha nova liña que facilita nove enlaces ao día nos Tilos co transporte urbano de Santiago, tal e como avanzou este xoves o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo.

Nunha visita ao concello teense, xunto á alcaldesa Lucía Calvo de la Uz, Calvo anunciou que a liña lanzadeira comeza a funcionar o vindeiro luns, día 18, co percorrido Ramallosa (xulgado)-Rúa do Carballo-Ramallosa (xulgado) e con paradas en Cacheiras (centro médico, farmacia e Canaletto) e Montouto (Día e Eroski).

Tal e como explicou o conselleiro, ofrécense así nove servizos ao día de luns a venres laborables. O primeiro sairá ás 06,45 horas da Ramallosa e outro oito serán pola tarde, das 16,20 ata as 21,00 horas cunha frecuencia de 40 minutos.

Coa ruta da primeira hora da mañá amplíase o horario do servizo de interese municipal de Teo, que comezaba ás 07,20 horas, e permite aos usuarios coller os primeiros autobuses das liñas 6 e 12 do transporte urbano de Santiago, que saen dos Tilos ás 07,00 horas e ás 07,15 horas.

Na parada da rúa de Carballo, nos Tilos, as ligazóns configuráronse cunha marxe de seis minutos entre a chegada do servizo interurbano e a saída da liña 6 do autobús urbano de Santiago, excepto no servizo das 06,45 horas, para o cal a conexión se realizará nun minuto.

Durante a mañá, desde as 07,20 horas, e ata as 15,20 horas da tarde, mantéñense os servizos da liña circular Ramallosa (Xulgado)-Ramallosa (Xulgado), que saen cada hora de Ramallosa.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...