InicioSANTIAGOO Concello organiza unha recollida de produtos para os afectados pola DANA

O Concello organiza unha recollida de produtos para os afectados pola DANA

A iniciativa busca axudar ás localidades afectadas e contará cun punto de entrega en San Lázaro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago anunciou a posta en marcha dunha campaña de recollida de produtos de primeira necesidade para as zonas afectadas pola DANA (Depresión Aislada en Niveles Altos) en resposta á solicitude da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), coordinada tamén coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias.

A recollida levarase a cabo nas instalacións de Protección Civil no estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro. As persoas que desexen colaborar poderán achegar os seus donativos este serán de 18:00 a 21:00 horas e mañá mércores en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas, e de tarde de 17:00 a 21:00 horas.

Atendendo ás necesidades específicas indicadas pola FEMP, demándanse produtos de primeira necesidade, entre os que se inclúen leite, auga, alimentos non perecedoiros, biberóns, cueiros, botas de auga, calcetíns, produtos de hixiene persoal e sacos de durmir.

Desde o concello, instouse á veciñanza a sumarse a esta iniciativa solidaria para amosar o apoio ás persoas afectadas pola DANA e expresaron “o noso pesar polos falecidos e a solidariedade coas familias e persoas que están a sufrir as consecuencias desta traxedia”.

ÚLTIMAS

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O PSOE reclama ao Goberno de Santiago que convoque xa as axudas de 2026 ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que convoque de maneira...

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...

O centro de saúde de Conxo retomará o luns a atención nas instalacións reformadas

A Xunta puxo en marcha este venres o traslado da tecnoloxía clínica e do...