InicioSANTIAGOA Fundación Feuga presentará en Santiago os avances de tres proxectos innovadores...

A Fundación Feuga presentará en Santiago os avances de tres proxectos innovadores no sector agroforestal

As iniciativas, enfocadas na agricultura de precisión, a produtividade micolóxica e a optimización da rega en viñedos, expoñerán os seus resultados nunha xornada técnica

Publicado o

Xornal de Compostela

A Fundación Empresa-Universidade Galega organiza unha xornada en Santiago de Compostela o próximo 29 de outubro para presentar os avances de tres proxectos innovadores no sector forestal e agroalimentario. As iniciativas, denominadas ‘Millopreciso‘, ‘Cogomelos+‘ e ‘Regavid‘, están orientadas a mellorar a xestión en agricultura de precisión, a produción micolóxica en piñeirais e a eficiencia nos sistemas de rega en viñedos.

A xornada incluirá unha exposición dos resultados acadados en cada proxecto ata a data, así como un relatorio sobre instrumentos e iniciativas públicas en innovación agraria, a cargo de Manuel López Luaces, xefe da área de Formación, Innovación e Investigación Agraria de Agacal.

AVANCES EN AGRICULTURA DE PRECISIÓN, PRODUCIÓN DE FUNGOS E OPTIMIZACIÓN DE RECURSOS HÍDRICOS

O proxecto ‘Millopreciso’, en marcha desde 2022, está liderado por Feuga en colaboración coa USC, Marcos Otero S.L. e Gandaría Ladrela. A iniciativa céntrase na incorporación de sensores en colleitadoras para medir en tempo real a produción e humidade do millo forraxeiro, permitindo xerar mapas de rendemento que facilitan un uso máis eficiente de sementes e fertilizantes e contribúen a reducir o impacto ambiental.

Pola súa banda, o proxecto ‘Cogomelos+’ busca aumentar a produtividade dos piñeirais galegos con tecnoloxías innovadoras que melloran tanto a produción de madeira coma a calidade e cantidade de fungos comestibles. Desenvolvido por Servitec Medio, a USC e Feuga, o estudo demostrou que os clareos nos piñeirais incrementan a produción de madeira cun valor estimado de 24.200 euros por hectárea para o piñeiro neozelandés e 19.500 euros para o galego. Ademais, preto do 80% das parcelas estudadas mostraron produtividade de especies como o Boletus pinophilus e o Hydnum repandum.

Esta xornada técnica ofrece unha oportunidade para coñecer o impacto e o potencial de innovación destas iniciativas no sector agroforestal de Galicia.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...