InicioSANTIAGOO Concello de Santiago remarca que "claro que afecta" aos prezos de...

O Concello de Santiago remarca que “claro que afecta” aos prezos de aluguer a presenza das VUT

A concelleira de Turismo de Santiago, Miriam Louzao, lembrou que existen "múltiples estudos por todo o mundo" que indican que as vivendas de uso turístico "están a ter unha afectación real no mercado do aluguer"

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Turismo de Santiago, Miriam Louzao, reafirmou este luns a posicion do goberno local compostelán acerca da afectación que as vivendas de uso turístico (VUT) teñen no mercado da vivenda de aluguer, algo que ve “claro”.

Así o dixo despois de que a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, negase este domingo, nunha entrevista na Cadea Ser, que en Galicia se estea tensionando o prezo do aluguer polas vivendas de uso turístico.

“Entender que 1.000 vivendas retiradas do mercado de aluguer non teñen unha afectacion sobre a oferta é algo que nos parece que cae polo seu propio peso”, dixo Louzao. “Claro que afecta”, engadiu.

A concelleira lembrou que existen “múltiples estudos por todo o mundo” que indican que as vivendas de uso turístico “están a ter unha afectación real no mercado do aluguer”, dixo, polo que afirmou “non compartir” a “percepción” da conselleira.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...