InicioSANTIAGOO Concello de Santiago di que "todo está encamiñado" para o parque...

O Concello de Santiago di que “todo está encamiñado” para o parque comarcal de bombeiros

A alcaldesa Goretti Sanmartín aínda non pon data para o parque de bombeiros

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asegurou que, a falta de solucionar “varios detalles técnicos”, “todo está encamiñado” para a comarcalización do parque de bombeiros, pero non pon data para o inicio do servizo.

Así o explicou este venres tras reunirse cos alcaldes e alcaldesas dos municipios implicados no proxecto na que trasladaron o estado do procedemento.

Desta forma, segundo detallou a rexedora, na xunta trataron a “necesidade de tramitar de forma conxunta” o convenio para que este servizo poida formarse “en breve”, así como a creación desa nova infraestrutura, que se situará na avenida do Cruceiro da Coruña.

Sobre a localización, Goretti apuntou que “todos os alcaldes” participantes na reunión pareceulle a mellor das propostas xa que é “substancialmente moito máis vantaxosa”, sobre todo, para os tempos de resposta ante calquera emerxencia.

“Tamén nos trasladaron que o conxunto de alcaldes querían que o parque comarcal comezase a funcionar canto antes. No momento no que teñamos todos eses detalles técnicos solucionados, poremos o servizo en funcionamento sen esperar a ter a infraestrutura”, explicou.

Consultada sobre os prazos para o inicio da actividade do parque comarcal, a rexedora compostelá esgrimiu que “é sempre moi difícil falar de prazos” ao ter en conta que son tres administracións –Xunta, Concello e Deputación da Coruña– “as que se teñen que pór de acordo”.

Con todo, espera que “deica pouco tempo” poidan dar “algunha idea ou resposta” sobre os prazos. Ademais, o concello convocará “de maneira inmediata” ao resto de administracións cando reciban a probación, a nivel técnico, da proposta.

“Houbo reunións da persoa técnico xurídico do tres administracións onde analizaron cales son eses detalles que se deben puír”, asegurou.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...