InicioSANTIAGOO Concello de Santiago di ter "todo preparado" para outorgar licenzas para...

O Concello de Santiago di ter “todo preparado” para outorgar licenzas para taxis que espera a Xunta autorice en breve

Sobre as sancións aos taxistas tras detectar incumprimentos nos taxis, Sanmartín puntualizou en que "como é lóxico" o servizo de taxis ten que cubrir o conxunto de territorio

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, espera que “deica pouco tempo” a Xunta dea luz verde á autorización das 29 licenzas de taxi e Raxoi xa ten “todo preparado” para que eses permisos comecen a funcionar.

“Entendo que a poboación de Santiago sabe que son unha necesidade, que todo o mundo ten que ter ese servizo, con esa accesibilidade. Esas 29 licenzas teñen que porse en marcha e nós esperamos que, deica pouco tempo, poida ser unha realidade a autorización da Xunta para podelas facer efectivas”, explicou, a preguntas do medios, a rexedora compostelá tras a ofrenda floral a García Lorca ante a súa estatua na Alameda da capital galega.

Sobre as sancións aos taxistas tras detectar incumprimentos nos taxis, Sanmartín puntualizou en que “como é lóxico” o servizo de taxis ten que cubrir o conxunto de territorio.

“O que non pode ser”, continuou, é que este tipo de transporte estea “unicamente nun lugar”. Por iso, fixo un chamamento a que “se cumpran as quendas” para que todo estea cuberto.

CREACIÓN VIVENDAS XOÁN XXIII

Noutra orde de asuntos, a alcaldesa fixo unha “valoración positiva” do anuncio da Xunta para a creación de vivendas na parcela de Xoán XXIII, tendo en conta que esa “foi unha das cuestións” que Raxoi comentou á conselleira de Vivenda nunha reunión.

“Que a Xunta cambiase de posición e que nestes momentos poida haber vivendas para os mozos, parécenos que é moi importante porque debe estar instalada a mocidade en pleno centro”, asegurou Goretti Sanmartín.

Así mesmo, advertiu de que “estarán pendentes” de que esas vivendas cumpran “as condicións dignas e de calidade que deben ser” e insistiu en que é “unha noticia positiva” e “o único que poden dicir como pega” é que chegue con “15 anos de atraso”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...